AD

Política

1964 Resultados / Página 2 de 219

Fondo
AD

Actualidad

Pedro Blanco aposta pola innovación e o talento como motores da transformación de Santiago

O candidato socialista á Alcaldía defende unha maior colaboración entre o Concello, os centros de investigación e as empresas tecnolóxicas para impulsar un novo modelo de cidade máis innovador, competitivo e preparado para os retos do século XXI. Pedro Blanco asegura que Santiago debe exercer un papel activo para atraer e reter talento e aposta por facer do coñecemento e da innovación un dos piares da transformación da capital galega. O candidato avanza que as prioridades do futuro goberno socialista […]

today14 julio, 2026

Actualidad

O PSdeG leva ao Pleno a renovación da Ordenanza de Convivencia tras vinte anos sen actualizarse

O Grupo Municipal Socialista denuncia que o Goberno de Sanmartín continúa sen poñer en marcha a elaboración dunha nova Ordenanza de Convivencia, malia que a normativa vixente leva vinte anos sen actualizarse e xa non responde aos retos actuais da convivencia nin ás novas formas de uso do espazo público. Gumersindo Guinarte reclama unha regulación unificada, moderna e participada, que aposte pola prevención, o civismo e a mediación fronte a un enfoque exclusivamente sancionador. Santiago de Compostela, 13 de xullo […]

today13 julio, 2026

Actualidad

Borja Verea propón un concello máis fácil coa incorporación de bizum aos pagos municipais

O líder popular enmarca esta medida nunha batería de propostas para simplificar o día a día dos composteláns e modernizar a Administración municipal. O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, presentou hoxe unha nova proposta destinada a facilitar a relación da cidadanía co Concello: incorporar Bizum como sistema de pagamento e cobramento municipal para taxas, actividades e servizos. Verea lembrou que nas últimas semanas o PP vén presentando un conxunto de medidas pensadas para facer máis fácil a […]

today13 julio, 2026

Actualidad

O PP pídelle a BNG e CA que impulse a posta en valor do Castelo da Rocha Forte

• José Antonio Constela destacou que “é incomprensible que un enclave de tanta importancia para entender a historia medieval da cidade siga sen unha aposta decidida. Este espazo non só representa unha peza fundamental do pasado da capital de Galicia, senón tamén unha oportunidade cultural, educativa e turística que está claramente desaproveitada polos nacionalistas”. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamoulle ao goberno de BNG e CA que “poña en marcha as medidas necesarias para impulsar […]

today10 julio, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia a parálise de Sanmartín e Rueda ante a crise da vivenda en Santiago

As e os socialistas critican que, mentres regresan as longas colas do estudantado para atopar piso, ningunha das dúas administracións puxo en marcha medidas efectivas para facilitar o acceso á vivenda. Aitor Bouza reclama a creación da empresa municipal de vivenda, un banco público de alugueiro para mobilizar as máis de 6.000 vivendas baleiras que hai na cidade e o incremento das residencias universitarias públicas. Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026. O secretario xeral do PSdeG de Santiago […]

today10 julio, 2026

Actualidad

O PP denuncia que Sanmartín incumpre os acordos do Pleno e mantén abandonada a Cruxeira

José Ramón de la Fuente denuncia que, seis meses despois de que o Pleno aprobara unha moción do PP para actuar na zona, practicamente non se executou ningunha das medidas reclamadas e algunhas das escasas actuacións realizadas agravaron aínda máis os problemas existentes. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denuncia o absoluto abandono que continúa sufrindo a Cruxeira e acusa ao goberno de Goretti Sanmartín de incumprir os acordos aprobados polo Pleno municipal. Seis […]

today9 julio, 2026

Actualidad

Álex Doval: «Temos 2,75M€ adxudicados ou en licitación; é un récord para Oroso»

O alcalde repasou en Radio Líder Santiago os principais investimentos previstos no municipio, reclamou unha maior implicación da Deputación da Coruña e avanzou unha nova folla de ruta urbanística para «medrar en poboación e medrar con cabeza» O Concello de Oroso encara os próximos meses cun intenso calendario de obras e un volume de investimento que o alcalde, Álex Doval, cualifica de histórico. Durante unha entrevista en Radio Líder Santiago, o rexedor cifrou en 2,75 millóns de euros as actuacións […]

today8 julio, 2026

Actualidad

O PSdeG acusa á Xunta de volver atrasar o aparcadoiro do CHUS e reclama solucións inmediatas

Marta Abal denuncia que, case dous anos despois da sinatura do protocolo entre Xunta e Concello, o único anunciado pola Xunta foi "un novo atraso e tamén un cambio de localización", sen prazos nin certezas sobre a execución da infraestrutura. As e os socialistas reclaman transparencia sobre o novo proxecto, a posta en marcha inmediata das medidas de mobilidade previstas e un modelo de xestión pública con tarifas accesibles e beneficios para as veciñas e veciños de Santiago. Santiago de […]

today8 julio, 2026

Comarca

Rianxo avanza na eficiencia do gasto municipal cun aforro de 100.000 euros na factura eléctrica

O Concello de Rianxo vai licitar o contrato de subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais, unha actuación que permitirá ao Concello regularizar a situación actual do servizo e a través da cal se prevé reducir en aproximadamente 100.000 euros o gasto anual en electricidade. O contrato, tramitado a través do Acordo Marco da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), terá unha duración inicial dun ano e un custo de 514.821,65 euros (IVE incluído). A […]

today8 julio, 2026

AD