Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Ames. 26 de xullo de 2024. A cuarta edición da Escola de Iniciación de Futur@s Gandeir@s, patrocinada pola cooperativa rural galega CLUN e a Deputación de Pontevedra, da man de FEFRIGA (Federación de Frisona de Galicia), iniciouse hoxe na Finca Mouriscade en Lalín. Unha edición máis, esta iniciativa colgou o cartel de cheo. Durante cinco días, estes rapaces non só se formarán en coñecementos prácticos de gandería senón que tamén entrarán en contacto con outros xóvenes coas mesmas inquedanzas.
Trátase de mozos e mozas de entre 11 e 23 anos, procedentes de toda Galicia. Nesta ocasión, moitos deles son fillos e fillas de gandeiros que queren seguir coa tradición familiar e apostan polo rural galego. Como explica Jéssica Rey, directora de Marketing e Comunicación de CLUN: “os nenos e nenas desta quenda xa coñecen este sector, en maior ou menor medida, e saben ao que veñen”.
Esta actividade, organizada por FEFRIA e polo Club de Xóvenes Gandeiros, consistirá nun curso intensivo de cinco días no que os participantes, dende as 7:00 ata as 22:00 horas, vivirán en primeira persoa todo o referente a coñecementos prácticos e esenciais para o coidado e manexo de animais, como poden ser clases de morfoloxía, alimentación, pelado animal… Unha experiencia que aínda poderán experimentar outros trinta rapaces na quinta edición, que terá lugar do 19 a 23 de agosto.
Inauguración do curso
Esta apertura da Escola de Iniciación de Futur@s Gandeir@s resultou moi emotiva na Finca Mouriscade, onde se xuntaron familiares e acompañantes dos participantes e autoridades. Non faltaron a esta inauguración a directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey; o presidente de FEFRIGA, Manuel Sandomil; e o deputado provincial Javier Tourís. Todos quixeron compartir este momento cos participantes.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)