Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 mayo, 2024
Este martes, o alcalde do concello de Vedra, Carlos Martínez, participou en Radio Lider Santiago, xunto a Álvaro Veiga, para convidar aos ointes da emisora á XXXIV Festa da Orella en San Fins de Sales, que terá lugar o próximo domingo 5 de maio. Os asistentes poderán desfrutar de orella de porco, orella doce, polbo, tortillas e moito máis. Ademais, haberá viño do país e música en directo a cargo da cantante Marietta, Tanto Nos Ten, a charanga TNT e o Grupo Fussión.
Martínez sinalou que, a pesar dos orzamentos limitados, o concello fai todo o posible para levar adiante melloras como a remodelación de estradas e o saneamento. Expresou preocupación polo descenso de poboación no concello, que baixou dos 5000 habitantes, o que afecta aos ingresos procedentes doutras administracións, xa que a dotación económica está vinculada á poboación. Para revertir esta situación, o alcalde descarta iniciar os trámites de fusión entre concellos limítrofes, sinalando que non confía nese modelo. Recordou a colaboración existente en servizos comúns cos concellos de Boqueixón e Teo, os tres gobernados actualmente polo PP. No caso de Teo, lembra que nestes últimos anos onde o goberno no era do PP tamén existiu colaboración, como por exemplo co transporte metropolitano. Martínez destacou a falta de polarización e crispación política a nivel local, entre os alcaldes e alcaldesas, en contraste co que ocorre na política nacional.
A entrevista completa no seguinte enlace.
Escrito por Líder Redacción
actualidade Entrevista festa da orella noticias politica radio lider santiago vedra
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)