Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Esta fin de semana, o municipio coruñés de Vedra reúne dous importantes acontecementos culturais.
A tarde do sábado 18 de xaneiro, de 18 a 20 horas, o Centro Sociocultural do concello acollerá a presentación do libro “El mensaje de un duende para la humanidad” que será arroupado polas exposicións de bisutería slacosti de Silvia Molinari e de fotografía “O segredo da fraga. Ollando as grandezas miúdas que nos aporta adentrarnos na maxia da Terra Nai” de Fernando Pintos Recarey.
O domingo 19 ás 13 horas a cita será na Nave da Estación. Trátase da exposición Segredos da Aldea, que nace como proxecto para a asignatura de xestión cultural da alumna de Belas Artes na Universidade de Vigo, Sara Martínez Quinteiro.
Este evento artístico sen ánimo de lucro ten como obxectivo dar a coñecer a obra artística da veciñanza de Vedra. Nel presentaranse gran variedade de obra artística, dende as artes plásticas como pintura (óleos, acuarela) ou debuxo (carboncillos) ata o mundo audiovisual (fotografía e vídeo) incluíndo disciplinas como a artesanía como la xoiería, o croché ou a cerámica.
Será unha oportunidade para que se coñezan entre eles dunha maneira máis íntima, descubrindo as mentes creativas que nos rodean día a día.
A lista de artistas participantes é a seguinte:
Mari Carmen Carrillo Bascoy – María Martínez Rodríguez – María Devesa Torres – Rosa De Luis Santas – Marinas – Sara Martínez Quinteiro – Cristina Corral Vázquez – Sol Couto Nogueiras – Alberto Canedo Carrillo – Manuel Martínez Carrillo – Cristina Hermida Carrasco – Lupe García Cabal – Lidia Maceira – Esmeralda López Castro – Manuel García Torre – María José Couto Nogueiras – Alba Rodríguez Bernárdez.
Dito evento terá lugar na nave de Santa Cruz de Ribadulla entre os días 19 ao 24 de xaneiro en horario de 10 a 13 e de 16 a 19.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)