Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 abril, 2026
Teo (A Coruña), 30 de abril de 2026.- O Concello de Teo aprobou onte no Pleno de abril a proposta da Alcaldía para nomear a Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboacomo fillos adoptivos do municipio, así como concederlle unha mención de honra á asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre “Colectivo A Rula”. A proposta saíu adiante cos nove votos do Partido Popular e oito abstencións dos partidos do PSOE, BNG e PXCT.
Neste senso, Calvo de la Uz puxo en valor o traballo levado a cabo por todos eles nos campos da medicina, da comunicación, da historia, da cultura e da arte, sendo referentes nacionais nos seus eidos e protexendo, no caso da asociación, o patrimonio cultural máis primitivo como é a arte rupestre.
Todos eles, veciños de Teo, son merecedores desta distinción dada a súa contribución á sociedade, co fin de mellorar as necesidades da cidadanía, contribuír a ampliar os campos de investigación, difundir os saberes técnicos e protexer uns bens culturais de importante valor histórico.
Cabe salientar que, o nomeamento de fillo adoptivo e da mención de honra, vén fundamentados no disposto no Regulamento de condecoracións do propio Concello de Teo (publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 274 do 28.11.1998), en consonancia
cos artigos 190 e 191 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF).
Modificación de crédito
Tamén se deu conta no Pleno de onte dos resultados da Liquidación do exercicio 2025, cun remanente líquido de Tesourería para gastos xerais positivo por importe de 4.326.133,31 euros, o que se traduce en estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. Neste senso, tamén se aprobou unha modificación de crédito de 1,5 millóns de euros deste remanente para cubrir a necesidade de prestar novos servizos de especial interese público para a veciñanza de Teo, debido ao actual mal estado das infraestruturas.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)