AD

Actualidad

KIRAL Medicines, especializada no descubrimento de fármacos, instalarase no Biopolo Sionlla

today20 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Presentou hoxe o seu proxecto na innovadora infraestrutura compostelá a un grupo de empresarios da contorna empresarial

O seu promotor, o galego Iván Cornella, explicou que o obxectivo da compañía é acelerar o descubrimento de fármacos de precisión e alta necesidade, combinando a xeración de datos coa instrumentación analítica máis avanzada e o seu análise mediante Intelixencia Artificial

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Biopolo Sionlla acolleu hoxe un encontro para a presentación da empresa KIRAL Medicines. O acto contou coa asistencia do presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e un grupo de empresarios da contorna empresarial. Esta actividade enmárcase no plan de promoción do Biopolo Sionlla froito do convenio de colaboración co Concello de Santiago a través do programa municipal Feito en Santiago.

KIRAL Medicines, constituída en xullo de 2026, é unha empresa de descubrimento de fármacos que ten previsto instalarse no Biopolo Sionlla e comezar a súa actividade nos vindeiros meses. Nace como un proxecto pioneiro a nivel estatal, con poucos equivalentes no ámbito internacional, e que se apoia en capacidades existentes do ecosistema galego de I+D+i como son a Plataforma Innopharma, o CESGA, ou o Biopolo Sionlla.

A compañía, centrada no descubrimento de fármacos e servizos especializados de quimioproteómica (disciplina científica que combina a química de pequenas moléculas co análise a gran escala das proteínas dentro das células vivas) para a industria farmacéutica, está promovida polo galego Iván Cornella, un emprendedor no campo da biotecnoloxía con 25 anos de experiencia na industria farmacéutica e startups en USA. É o fundado de Covant Therapeutics (Boston, USA).

Kiral Medicines replicará o coñecemento, con activos e modelo de negocio xa probados con éxito en USA por Covant Therapeutics. Disporá dunha quimioteca con máis de 25.000 moléculas únicas, como punto de partida para o desenvolvemento de novos fármacos, así como unha base de datos de proteínas humanas e o asesoramento de expertos de alto nivel científico e recoñecido prestixio internacional en varias disciplinas aplicadas ao desenvolvemento de fármacos.

Segundo explicou Iván Cornella, o obxectivo de KIRAL Medicines é acelerar o descubrimento de fármacos de precisión e alta necesidade, combinando a xeración de datos coa instrumentación analítica máis avanzada e o seu análise mediante modelos de aprendizaxe asistidos por Intelixencia Artificial. “Este novo enfoque permite desenvolver novos fármacos para doenzas ata agora consideradas intratables ou inadecuadamente tratadas para mellorar e prolongar a vida do paciente pola industria farmacéutica tradicional, debido á complexidade das dianas terapéuticas emerxentes”, sinalou.

Para alcanzar este obxectivo, KIRAL Medicines aposta pola optimización dos fluxos de traballo e o investimento en alta tecnoloxía, desde instrumentación, robotización, e IA. Fomentará colaboracións estratéxicas e o uso de servizos de desenvolvemento e caracterización de candidatos a fármacos, desde a identificación e validación da diana terapéutica ata a lección da molécula candidata para iniciar a fase preclínica e regulatoria.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *