Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 abril, 2026
O alcalde de Ames, Blas García, explicou “temos unhas prioridades moi claras, que se ven reflectidas nestes orzamentos. Seguimos apostando polos servizos: mobilidade, mellora das instalacións municipais, eficiencia enerxética… Ames é un concello solvente, e iso vainos permitir seguir investindo en infraestruturas necesarias no noso concello que imos facer a través dos orzamentos municipais, pero tamén a través de augas públicas de Ames”
A concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís, destaca que “Ames conta cunhas novas contas para este exercicio 2026. Dispoñemos do orzamento máis alto da historia con 38,7 millóns de euros do orzamento do Concello, pero o importante non só é esta cifra, senón que é o seu significado. Este incremento do orzamento responde a un aposta do goberno pola mellora e mantemento dos servizos, incrementando o esforzo inversor”
Ames, 27 de abril de 2026.- Este pasado sábado, 25 de abril, entrou en vigor o orzamento municipal do exercicio 2026, despois de estar en exposición pública durante quince días e non se presentaran alegacións. Dito orzamento ascende á cifra de 43.334.228,98 euros. Está composto polo orzamento municipal de 38.753.577,15 euros e mailo orzamento da EPEL Augas de Ames de 4.580.651,83 euros. Trátase do orzamento máis elevado da historia de Ames, o que supón un incremento do 18,89% con respecto ás contas do ano 2024.
O Concello de Ames dispón de novas contas para este exercicio 2026, despois de que este venres 24 de abril finalizase o prazo de 15 días de exposición pública e non se presentaran alegacións. Ao no haber alegacións xa queda aprobado de xeito definitivo, sen que sexa necesario debater este punto no pleno ordinario de abril.
Previamente á exposición publica, o 27 de marzo finalizou o prazo de 30 días naturais para que os grupos políticos municipais do Partido Popular, BNG e Espazo Común presentasen unha moción de censura. Cómpre lembrar que no pleno ordinario celebrado o pasado 26 e febreiro os concelleiros e concelleiras do Partido Popular, BNG e Espazo Común votaron en contra da cuestión de confianza vinculada á aprobación do orzamento de 2026 presentada polo goberno municipal.
O alcalde de Ames, Blas García, explicou “temos unhas prioridades moi claras, que se ven reflectidas nestes orzamentos: a primeira, sen dúbida, é o benestar e cohesión social do noso concello. Sobre todo axudar a aquelas persoas que máis o necesitan e que noten que dende o goberno de Ames estamos aí para axudalos. Medidas como a conciliación, apoio ás persoas maiores que viven soas, este ano incluímos unha axuda para as familias que teñen nas súas casas a persoas con trastornos metabólicos. A segunda das prioridades é a mellora dos servizos públicos. Ames é un concello de servizos e a maior parte do noso orzamento sempre vai para cubrir eses servizos. Este ano seguimos apostando polos servizos: mobilidade, mellora das instalacións municipais, eficiencia enerxética… Ames é un concello solvente, e iso vainos permitir seguir investindo en infraestruturas necesarias no noso concello que imos facer a través dos orzamentos municipais, pero tamén a través de augas públicas de Ames”.
A concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís, destaca que “Ames conta cunhas novas contas para este exercicio 2026. Dispoñemos do orzamento máis alto da historia con 38,7 millóns de euros do orzamento do Concello, pero o importante non só é esta cifra, senón que é o seu significado. Este incremento do orzamento responde a un aposta do goberno pola mellora e mantemento dos servizos, incrementando o esforzo inversor. Ademais, apóstase pola mellora das infraestruturas deportivas e pola mobilidade urbana coa adquisición de terreos para aparcamento público. Este goberno escolleu un camiño claro que é o da consolidación dos servizos públicos e ao mesmo tempo transformar o concello. Destinamos máis de 8 millóns de euros a investimentos, case o 21% do orzamento”.
Gasto por áreas
O orzamento consolidado para o exercicio 2026 ascende á cifra de 43.334.228,98 euros. Dito presuposto está composto polo orzamento municipal de 38.753.577,15 euros e mailo orzamento da EPEL Augas de Ames de 4.580.651,83 euros. O orzamento municipal de 2026 medra en 6.185.153 euros respecto do presuposto de 2024, e increméntase respecto de 2024 en 10.755.804 euros se temos en conta o orzamento consolidado de 2026, que tamén inclúe o orzamento da EPEL Augas de Ames.
A principal área de gasto é educación co 17,36% do total do orzamento. A segunda área con maior gasto é benestar comunitario co 15,10%, e na terceira posición está servizos sociais e promoción social, que representa o 8,43%. Na cuarta posición queda medio ambiente co 8,35% do gasto total. A continuación, aparecen outras áreas como son seguridade e mobilidade cun 7%; cultura cun 6,76%; servizos de carácter xeral cun 6,14%; deporte cun 5,83%; vivenda e urbanismo cun 4,87%; administración financeira e tributaria cun 3,79%; e comercio, turismo e pequenas e medianas empresas cun 3,73%.
Resumo de ingresos por capítulos
Os ingresos do Concello de Ames, que suma un total de 38.743,577,15 euros, divídense en 9 capítulos. Os ingresos directos, que ascenden a 9.491.310,80 euros, supoñen un 24,49% do total de ingresos e son un dos piares do financiamento municipal. O principal tributo é o IBI cun 74,50% deste capítulo, imposto que segue sen modificarse, polo que este incremento é debido aos novos inmobles construídos en Ames. Os impostos indirectos, que ascende a 1.123.690,45 euros e representan o 2,90%, soben 576.551,65 euros con respecto ao orzamento do 2024, isto é debido ao dinamismo económico local (a contía recadada polo ICIO aumenta con respecto ao 2024, debido ao interese inversor neste concello).
Por outra banda, as taxas, prezos públicos e outros ingresos ascende a 6.403.603,27 euros (16,52%); as transferencias correntes son de 14.203.265,49 euros e representan o 36,65%; os ingresos patrimoniais son de 165.000 euros (0,43%). A través destes cinco capítulos de operacións correntes acádanse uns ingresos de 31.386.870,01 euros (80,99%).
Ademais, as operacións de capital ascenden a 4.602.707,14 euros (11,88%) e están divididas en alleamento de investimentos reais (1.455.000 euros – 3,75%) e transferencias de capital (3.147.707,14 euros – 8,12%). Por último, as operacións financeiras ascenden a 2.764.000 euros (7,13%): os activos financeiros son 18.000 euros (0,05%) e os pasivos financeiros son de 2.746.000 euros (7,09%).
Resumo de gastos por capítulos
O apartado de gastos, que suma un total de 38.753.577,15 euros, está composto por sete capítulos divididos en operacións non financeiras e operacións financeiras. Gastos de persoal, con 12.526.365,68 euros (32,32%); gastos correntes en bens e servizos, con 16.530.307,47 euros (42,65%); gastos financeiros, con 13.000,00 euros (0,03%); transferencias correntes, con 1.295.711,41 euros (3,34%); e investimentos reais, con 8.096.920,23 euros enmárcanse dentro das operacións non financeiras, que supoñen un gasto de 38.462.304,79 euros (99,25% do total de gastos).
En canto ao apartado das operacións financeiras, este está composto por dous capítulos: activos financeiros, con 18.000 euros, e os pasivos financeiros, con 273.272,36 euros. En total, as operacións financeiras contemplan un gasto total de 291.272,36 euros e unha achega 0,75% ao conxunto total do apartado de gastos.
Orzamento EPEL de Ames
Por outra banda, o orzamento da EPEL Augas de Ames para o exercicio 2026 ascende a 4.580.651,83 euros. Dito orzamento recolle dous importantes investimentos: a obra de abastecemento de auga potable dende a ETAP de Lens ata O Milladoiro, Bertamiráns e ao rural; e mailo reforzo da rede de abastecemento na avenida da Maía, en Bertamiráns.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)