Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 septiembre, 2024
O Concello de Rianxo, a 16 de setembro do ano 2024, leva licitados e executados en obras un total de 1.263.914,88€. Este importe, que non ten en conta a actuación relativa á rehabilitación do Pazo de Martelo, comprende actuacións variadas como mellora dos equipamentos municipais, pavimentación e mantemento de vías ou abastecemento e saneamento. Por outra banda, nas próximas semanas procederase á licitación de cinco proxectos por valor de 404.040,45 euros.
O Executivo de Julián Bustelo fai balance das obras licitadas e executadas dende o inicio do mandato 2023-2027. Dende xuño de 2023 licitáronse e executáronse actuacións por valor de máis de un millón de euros. Estas obras comprenden actuacións moi variadas como son a pavimentación e o mantemento de vías, a dotación de redes de abastecemento e abastecemento, e a mellora de equipamentos municipais existentes.
Durante dito período licitáronse e adxudicáronse 13 contratos, tras o correspondente proceso de licitación, por valor de 1.263.914,88€. Deste importe o 76% (962.419,47 euros) corresponden con obras de pavimentación de vías e dotación de redes de abastecemento e saneamento nas aldeas, mentres que o 24% restante (301.495,41 euros) se corresponden con actuacións de mellora en equipamentos municipais xa existentes.
Por outra banda, na actualidade están en proceso de licitación cinco proxectos por valor de 404.040,45 euros. Entre estes atópase o cambio de luminarias da totalidade do Paseo Marítimo de Rianxo, unha actuación que vai supoñer un investimento de algo máis de 100.000 euros.
O alcalde, Julián Bustelo, destaca “o esforzo inversor que está facendo o Concello de Rianxo, con fondos propios pero sobre todo con fondos da Deputación da Coruña, para mellorar as infraestruturas e servizos que se ofrecen aos veciños e veciñas de Rianxo. No que levamos de mandato levamos un moi bo ritmo de licitación e execución de obras, a pesar das limitacións de persoal existentes no departamentos municipais e dos contratempos xurdidos nalgunha das actuación en marcha”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)