AD

Sin Categoría

O disco ‘Ruela 8’ da Tuna de Dereito de Santiago aspira aos Premios Martín Códax

today1 abril, 2025

Fondo
share close
AD

 

Santiago de Compostela, 01 de abril de 2025 .- O proxecto musical «Ruela 8» presentouse oficialmente o pasado 5 de abril no Auditorio ABANCA de Santiago cun concerto que fusionou a música tradicional galega con ritmos de todo o mundo. Agora, esta innovadora proposta da Tuna de Dereito de Santiago de Compostela opta ao recoñecemento nos Premios Martín Códax da Música na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe.

O disco, publicado este ano 2024, nace do desexo de crear pontes sonoras entre a cultura galega e outras tradicións musicais do mundo. A formación quere demostrar que que súa música tradicional pode dialogar con calquera cultura sen perder a súa esencia.

Entre as pezas destacan:

  • Versións renovadas de temas tradicionais galegos
  • «Ruada», unha composición orixinal inspirada nos poemas de Lorca en galego
  • Fusións con ritmos de América Latina: chamamés arxentinos, sambas brasileiras, sons cubanos e rancheras mexicanas

O equipo de «Ruela 8» realizou un minucioso traballo de investigación durante máis de dous anos para conseguir unha auténtica mestura de sons. A violinista María Álvarez sinala que «non se trata simplemente de tocar xuntos, senón de entender as raíces comúns e as diferencias que nos enriquecen».

A candidatura aos Premios Martín Códax supón un importante aval para este proxecto que representa innovación respectuosa coas tradicións.

O disco «Ruela 8» está dispoñible en todas as plataformas dixitais e en formato físico nas principais tendas especializadas.

Escrito por Líder Redacción

Publicaciones similares

Sin Categoría

Os municipios de Boiro e Elciego oficializan o seu irmandamento

O goberno local propón para o seu debate a aprobación no Pleno do vindeiro xoves o irmandamento co municipio de Elciego. Unha proposta que nace do interese de ambos os dous concellos de formalizar as canles de cooperación entre administracións e veciñanza. Os irmandamentos entre municipios constitúen unha ferramenta de […]

today22 julio, 2026

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *