AD

Actualidad

O Pino acolleu o foro ‘La España Despoblada’ organizado pola Cadena Ser

today28 junio, 2024

Background
share close
AD
  • O alcalde exerceu de anfitrión e debateu na mesa redonda de alcaldes xunto a Blas García, alcalde de Ames; Carlos Martínez, alcalde de Vedra; e Begoña Balado, concelleira de Arzúa
  • O centro sociocultural Luis Seoane acolleu este espazo no que representantes de varias institucións debateron sobre os desafíos das administracións para garantir o futuro do medio rural

O Pino. 27-06-2024.- O Concello de O Pino foi o anfitrión este xoves, 27 de xuño, do foro «La España Despoblada» organizado pola Cadena SER. Este evento reuniu no Centro Sociocultural Luis Seoane a expertos e representantes de diversas institucións para debater e reflexionar sobre os desafíos que enfrontan as administracións para garantir o futuro do medio rural.

A xornada incluía unha mesa redonda de alcaldes na que, xunto ao alcalde de O Pino, Manuel Taboada, participaron Blas García, alcalde de Ames; Carlos Martínez, alcalde de Vedra; e Begoña Balado, concelleira de Arzúa. Neste espazo, compartíronse experiencias e estratexias para afrontar os desafíos do medio rural e, sobre todo, insistiuse na necesidade de delimitar as competencias dos Concellos e da urxente necesidade de dotalos económicas para poder prestar os servizos que lles derivan dende o Goberno central e autonómico. “É un problema serio. Igual eu xa non pido máis cartos, senón que cada un se faga cargo das súas competencias. A xestión debe vir aparellada dunha partida económica. Estase lexislando á marxe dos Concellos», afirmou o rexedor de O Pino. Aspectos como o coste das novas tecnoloxías para atraer aos teletraballadores, das medidas de conciliación ou do mantemento do SAF, por exemplo, foron tratados esta mañá no foro.

Na súa intervención, Manuel Taboada destacou ademais a forte influencia do Camiño de Santiago na economía do seu municipio “e na de todos os concellos polos que pasa” co dato de que son xa “máis de 150.000 os camiñantes que pasaron xa este ano por O Pino”. “Iso nos leva a ter que prestar tamén servizos de abastecemento e saneamento, por exemplo, a maiores do que temos que prestar á nosa veciñanza”. O alcalde fixo un chamamento así mesmo ás autoridades para alcanzar un pacto estatal en favor dos municipios rurais para combater o despoboamento.

O foro contou tamén coa participación da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; do secretario xeral para o Reto Demográfico do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Francesc Boia; do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autonómico e Economía Social, Pablo Fernández; e cunha serie de mesas redondas onde se abordaron temas como os proxectos industriais en contornas sostibles e outras formas de vivir no rural.

Unha vez concluído o foro, Manuel Taboada, xunto a Blas García e a Carlos Martínez, participou tamén no programa “Hoy por Hoy Santiago” que se emitiu en directo dende a biblioteca municipal de O Pino.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%