AD

Comarca

O Pino prolonga a festa da véspera de Reis cun festival de música

today27 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

• Unha carpa climatizada acollerá ata as dúas da mañá as actuacións do DJ Rokiño, do grupo Nueva Fuerza e do DJ Toni
• As Súas Maxestades iniciarán en Pereira o seu percorrido polas parroquias ás 10.45 horas
• A cativada contará con inchables no pavillón de Reboredo mentres agarda a chegada da comitiva real

O Pino. 27-12-2024.- O Concello do Pino recibirá os Reis Magos o 5 de xaneiro cunha gran festa que incluirá, ademais do tradicional percorrido polas parroquias e a celebración para as familias no pavillón de Reboredo, unha sesión de música dirixida á mocidade que comezará ás oito da tarde e se prolongará ata a madrugada.

Sons de Reis é o nome do festival de música que o Concello do Pino dedicará á xente nova. Unha carpa climatizada instalada a carón da Casa da Cultura acollerá a partir das 20.00 horas as actuacións do DJ Rokiño, do grupo Nueva Fuerza e do artista local DJ Toni Salvaje. Cada un deles fará dúas sesións de unha hora para levar a festa ata as dúas da mañá na noite máis máxica do ano.

A véspera de Reis, que nesta ocasión cae en domingo, será tamén no Pino un día de alegría e ilusión para o público miúdo. As Súas Maxestades de Oriente iniciarán o seu tradicional itinerario por todo o municipio cunha primeira parada en Pereira ás 10.45 e pasarán ao longo do día por Castrofeito (11.10h.), Budiño (11.35h.), O Pino (12.00h.), Gonzar (12.20h.), Medín (13.00h.), Pastor (13.30h.), Lardeiros (13.50h.), San Breixo (17.30h.), San Mamede (17.45h.), San Miguel de Cerceda (18.05h.) e Cebreiro (18.30h.). Rematado o percorrido, os Reis saudarán e recollerán unha vez máis as peticións de toda a cativada no pavillón de Reboredo a partir das 19.30 horas.

O polideportivo terá abertas as súas portas dende as 17.30 horas con inchables gratuítos. O tempo de espera ata a chegada da comitiva real aproveitarase ademais para realizar o acto de entrega dos premios do concurso das postais de Nadal. A festa familiar rematará coa tradicional chocolatada, acompañada como non podía ser doutro xeito de roscón de Reis.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *