Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Desde o pasado 13 de outubro, os veciños de Oroso contan cun servizo mellorado de transporte ata Santiago de Compostela, grazas á ampliación dunha das liñas de autobús que inclúe dúas novas paradas nas parroquias de Senra e Calvente. Esta modificación busca facilitar o desprazamento dos estudantes de ensinanzas non obrigatorias, permitindo o seu regreso dende Santiago coa ruta que parte de Vilarromarís ás 13:05h e que volve tras a parada en Choupana, en Santiago, ás 13:50h.
O Concello de Oroso solicitou esta ampliación para mellorar a mobilidade da mocidade da zona, unha demanda que agora se fai realidade coa colaboración da Xunta de Galicia. Para consultar os horarios e as paradas dispoñibles, as persoas interesadas poden acceder á páxina web www.bus.gal.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)