AD

Actualidad

Os alcaldes nacionalistas de Arzúa, Santiso e Melide rexeitan o proxecto de ALTRI

today14 enero, 2025

Fondo
share close
AD
  • Os tres rexedores reiteran a súa firme oposición a este proxecto, que comprometería o futuro dos seus concellos cun proxecto industrial que cualificaron de “depredador e insustentable”.
  • Solicitan unha reunión de urxencia ao Presidente da Xunta de Galiza, facéndose eco do “clamor social” contra Altri

Arzúa, 14 de xaneiro de 2025.- Os alcaldes dos concellos de Arzúa, Santiso e Melide, Xoán Xesús Carril (BNG), Manolo Adán (BNG) e Xosé Manuel Pérez (Adiante Melide), respectivamente, asinaron hoxe unha carta conxunta dirixida ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para expresar a súa profunda preocupación pola intención da empresa Altri de implantar unha macrocelulosa a poucos quilómetros dos seus municipios.

Na carta, os rexedores subliñan a gran inquietude que esta iniciativa está xerando entre a veciñanza. A proximidade desta planta aos seus municipios e os posibles impactos ambientais, sociais e económicos para as súas xentes son os principais puntos que motivan esta situación.

Nesa carta, os tres alcaldes explican sentirse preocupados ante un proxecto que vai comprometer os recursos hídricos, a calidade do aire e que vai afectar ao tecido produtivos dunha comarca eminentemente agrogandeira e na que o Camiño de Santiago ten tamén un peso moi importante.

Neste sentido, manifestaron respaldar a opinión e a preocupación maioritaria dos veciños e veciñas dos tres concellos, que se ten sustanciado en grandes mobilizacións e nas máis de 20 mil alegacións presentadas contra estre proxecto, xa que temen que teña consecuencias irreparables para a economía, o medio ambiente e a saúde da veciñanza, tal e como avalan sucesivos informes de persoas expertas que se foron facendo públicos.

Dado a urxencia do asunto e o impacto que esta iniciativa podería ter nos seus municipios, os rexedores solicitan ao presidente da Xunta unha reunión a maior brevidade posible, co fin de expoñerlle como representantes da veciñanza a preocupación social existente.

Os alcaldes insistiron na súa disposición ao diálogo con todos os axentes implicados nesta cuestión e reiteraron a súa firme oposición a este proxecto, que consideran que compromete o futuro dos seus concellos cun proxecto industrial que cualifican de depredador e insustentable.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%