AD

Actualidad

Padrón organiza un amplo e diverso programa de actividades para celebrar o Día do Orgullo

today30 mayo, 2024

Fondo
share close
AD
  • Ao longo do mes de xuño celebraranse un obradoiro, un videofórum, actividades infantís, un concerto e unha exposición
  • A campaña ‘Padrón con orgullo’ chegará de novo aos locais de hostalería e comercios para visibilizar e apoiar a diversidade

Padrón.30-05-2024.- Baixo o lema Padrón con orgullo, o Concello de Padrón preparou unha completa programación con motivo do Día do Orgullo LGTBIQ+, que se celebra cada 28 de xuño. Este conxunto de actividades, deseñado para celebrar e promover a diversidade e a igualdade, terá lugar ao longo do mes de xuño e inclúe un obradoiro, un videofórum, actividades infantís, un concerto e unha exposición.

A programación comezará o martes 4 de xuño ás 18:00 horas coa realización do obradoiro «Diversidade e avances lexislativos» na aula de formación do Centro Social. Esta actividade, destinada á formación interna da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero (MLC), será impartida por ALAS A Coruña.

O venres 14 de xuño, ás 20:00 horas, o Auditorio de Padrón acollerá un videofórum coa proxección da película 20.000 especies de abellas, unha obra galardoada con tres premios Goya e cun Oso de Plata na Berlinale. Este evento, aberto a toda a cidadanía, contará cun coloquio posterior moderado tamén por ALAS A Coruña, favorecendo un espazo de reflexión e debate sobre as temáticas abordadas no filme.

O día grande das celebracións será o venres 28 de xuño. Ás 17:00 horas, no Campo do Souto, os máis pequenos poderán gozar de inchables de auga e dunha festa da espuma, unha actividade de balde que busca fomentar a diversión e a inclusión dende a infancia. Xa pola noite, ás 22:00 horas, a Rúa Tetuán converterase no escenario dun concerto da banda The Tetas’ Van. Antes do inicio da actuación, terá lugar a lectura do manifesto institucional, reafirmando o compromiso do Concello coa igualdade e cos dereitos LGTBIQ+.

Ao longo do mes de xuño, a Praza da Igualdade acollerá a exposición «Referentes LGTBIQ+ en Galicia», que destacará figuras importantes do colectivo en Galicia, promovendo a visibilidade e o recoñecemento destas persoas. Ademais, a partir do 17 de xuño, os locais de hostalería e comercio de Padrón poderán recoller, de balde, os manteis da campaña Padrón con orgullo no local do CIM Terras de Iria. Esta iniciativa busca visibilizar e apoiar a diversidade dende os propios establecementos locais.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%