AD

Actualidad

Santiago suma dous quilómetros de carril bici en Xoán XXIII e na avenida do Burgo das Nacións

today9 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

Os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro, e Obras, Xesús Domínguez, presentaron a remodelación que se está executando nesas rúas «para avanzar nunha cidade cunha mobilidade máis sostible, dentro dun proxecto global que se estenderá a outros puntos da cidade.

Dous quilómetros de carril bici, máis prazas de aparcamento para residentes, e un viario cun tráfico máis pacificado. Ese será o resultado das actuacións que se están executando nas avenidas de Xoán XXXIII e do Burgo das Nacións, que hoxe presentaron os concelleiros de Mobilidade, Xan Duro, e Obras, Xesús Domínguez. Tal e como explicaron, o obxectivo é «avanzar nun modelo de mobilidade máis sostible, con máis espazo para os peóns e para a bicicleta, e máis seguro para as persoas viandantes».

A actuación que xa está en marcha suporá a supresión de dous carrís de circulación na avenida de Xoán XXIII, «á que lle queremos dar un tratamento acaído a unha vía urbana na que o límite de circulación é de 30 quilómetros/hora». Desa maneira, gáñase espazo para acondicionar cadanseu carril bici de subida e de baixada a ambos lados da calzada. Ese carril bici terá continuidade pola avenida do Burgo das Nacións ata o entronque coa avenida de Castelao, en Vite. Seguindo cara San Caetano, vaise acondicionar unha senda que atrevese o parque Pablo Iglesias e Blanco Amor, que chegará ata a senda xa existente na rúa dos Irmandiños que vai dar ao aparcamento disuasorio de Salgueiriños. Ademais, a previsión é comunicar tamén o carril bici co que xa está sinalizado nas Cancelas e coa futura senda ciclable que está a construir a Xunta desde Milladoiro.

En total, con esta actuación Santiago gañará dous quilómetros de carril bici. O concelleiro de Mobilidade lembrou que a vontade do Goberno «é fomentar os modos brandos de transporte, facer de Compostela unha cidade máis amable coa bicicleta, e facilitar a convivencia da bici con outros vehículos, tal e como se está facendo noutras actuacións».

Máis aparcamento para residentes

A supresión de carrís de circulación en Xoán XXIII tamén permitirá acondicionar máis prazas de aparcamento: das 23 actuais pasaráse a 70, todas elas para o uso de residentes. Xan Duro explicou que «con esta reserva, queremos atender á poboación da zona, pero tamén evitar tráfico parásito, que é aquel que se move procurando unicamente un lugar para estacionar».

O concelleiro de Obras explicou que a actuación tamén contempla a elevación dos pasos de peóns existentes, «co obxectivo de mellorar a seguridade para os peóns, que xa non terán que atravesar catro carrís, de mellorar a accesiblidade e taménde facer cumprir os límites de velocidade». Nese sentido, Xesús Domínguez incidiu en que Xoán XXIII «é un viario que está sobredimensionado, e consideramos moi positivo reducir os catro carrís de circulación a só dous, procurando unha cidade máis amable».

A reforma de Xoán XXIII suporá un investirá algo máis de 70.000 euros, entre a obra civil e o pintado e sinalización.

O goberno local destaca que se trata dunha actuación transversal enmarcada no urbanismo táctico, que se enmarca no reto dunha Compostela mellor para vivir, cun espazo más habitable e máis seguro para as persoas. Non en van, Domínguez dixo que este proxecto «non é unha obra illada da acción de goberno, senón que forma parte dun proxecto global no que se estudará a viabilidade de estendelo a outras rúas de similares características da cidade».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%