AD

boiro

75 Resultados / Página 3 de 9

Fondo
AD

Deportes

Boiro recupera o trofeo no que participan os clubs de fútbol do municipio

O Concello de Boiro recupera o vindeiro sábado 30 de maio o Trofeo Concello de Boiro no que van participar todos os clubs de fútbol do municipio. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto cos representantes de todos os clubs. O trofeo terá lugar o sábado 30 de maio nunha xornada única, pola mañá a eliminatoria previa a partir das 11.30 horas e, pola tarde, terán lugar as semifinais nas que xogarán o CD Boiro contra o […]

today21 mayo, 2026

Deportes

Boiro acolle este sábado a velada de boxeo III memorial a Luis Torrado Treus

Boiro, 19 de maio de 2026.- O Concello de Boiro colabora co club Torrado Treus no desenvolvemento dunha nova edición da velada de boxeo que terá lugar este sábado 23 de maio e que será o III memorial a Luis Torrado Treus. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo; e José Antonio Vidal, presidente do club Torrado Treus. Esta nova edición da velada de boxeo terá lugar o […]

today19 mayo, 2026

Comarca

José Ramón Romero: “Boiro ten servizos dunha gran cidade e calidade de vida dun pobo”

O rexedor destaca a aprobación inicial dos orzamentos de 2026, a aposta pola vivenda, o crecemento empresarial e os proxectos estratéxicos que marcarán o futuro do municipio. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, fixo balance da situación actual do municipio nunha entrevista radiofónica na que repasou os principais proxectos impulsados polo goberno local, cun protagonismo especial para os orzamentos de 2026, a creación de vivenda, o emprego e os plans de futuro para o concello. Romero confirmou a aprobación […]

today18 mayo, 2026

Deportes

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do campo de fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a levar a cabo na instalación deportiva buscan converter o terreo de xogo, formado de árido e con desniveis importantes, a un campo de fútbol de céspede artificial dunhas dimensións exteriores de 100x56 […]

today16 mayo, 2026

Comarca

Boiro habilita un sistema de reserva para instalacións deportivas

O Concello de Boiro habilita un sistema de reserva previa para o uso de instalacións deportivas por parte da veciñanza. O sistema atopase en fase de proba e dispoñible para as instalacións deportivas de A Negral, a piscina municipal e a pista de fútbol da Cachada. Esta ferramenta dixital ten como obxectivo facilitar o acceso aos espazos deportivas públicos e mellorar a experiencia das persoasusuarias ofrecendo un sistema dispoñible as 24 horas do día. O enlace para facer as reservas […]

today11 mayo, 2026

Comarca

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio

O Concello de Boiro colabora coa campaña da Asociación Boirense de Empresas “Compras con Corazón 2026”. O concelleiro, Marcos Fajardo, participou na presentación da campaña xunto co presidente da ABE, Daniel García. Esta iniciativa pasa a integrarse de maneira estable no calendario anual de accións de dinamización comercial do municipio logo do éxito acadado na edición anterior ao ser finalista nos Premios Comercio Galego. A campaña desenvolverase ata o vindeiro 23 de maio, combinando incentivos directos ao consumo co desenvolvemento […]

today5 mayo, 2026

Comarca

Boiro recibe unha subvención para a prevención dos incendios forestais no rural

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 105.775,71 euros no marco da orde de Galicia Suma Talento: Rural Activo. Mediante esta axuda vanse contratar un técnico forestal e cinco peóns durante 9 meses. Boiro conta con máis de 100 entidades singulares nas parroquias que deberán ter faixas do 50m de desbroce e retirada das especies para previr a propagación dos lumes. O obxecto desta subvención é a prevención dos incendios […]

today30 abril, 2026

Comarca

O Pazo de Goiáns acolleu a IV edición do Campionato Barista de Centros de Educación Especial

O Pazo de Goiáns acolleu esta mañá o IV Concurso Barista de Colexios de Educación Especial organizado polo CEE López Navalón. O alcalde, José Ramón Romero, participou na entrega de premios xunto con María Eugenia Pérez, directora xeral de Formación Profesional e Silvia Marín, directora do CEE López Navalón. Participaron nesta edición nove centros e o gañador foi o CEE Infanta Elena; o segundo premio foi para o CEE Aceesca Lume ; e o terceiro premio para o CEE Maria […]

today29 abril, 2026

Comarca

Boiro presenta un orzamento que supera os 19 millóns de euros

O goberno local presenta para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno que se celebrará o 30 de abril o Orzamento municipal para o ano 2026 que ascende aos 19.136.000€. O orzamento segue a mesma liña que os aprobados nos últimos anos, un presuposto que cubre todas as obrigas municipais, que mellora en servizos e que reduce a débeda. “Cando entramos no goberno no ano 2019 a débeda estaba no 42,15%, pechamos o ano 2025 cun 17.90% e imosseguir […]

today29 abril, 2026

AD