AD

Comarca

Teo acondicionará as vías municipais no lugar de Coira por case 28.000 euros

today17 octubre, 2024

Background
share close
AD
  • As obras consistirán, fundamentalmente, na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias

O tramo que se arranxará comprende unha lonxitude total duns 500 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 2.100 m²
Teo (A Coruña), 16 de outubro de 2024.- O Concello de Teo aprobou a contratación da obra de asfaltado das vías municipais en Coira, incluíndo ademais a mellora dos accesos existentes e a sinalización, tanto a horizontal como a vertical. O orzamento para esta actuación ascende a case 28.000 euros e o prazo de execución estímase nun dous meses.

O tramo que se arranxará comprende unha lonxitude total duns 500 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 2.100 m². Tamén se levará a cabo o recrecido de tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais.

Neste senso, as obras consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Así, procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico.

Esta actuación vén dada polo actual deterioro desta vía, consecuencia tanto da antigüidade do último pavimentado como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, fai necesario investir no seu acondicionamento co fin de mellorar o tráfico rodado e a seguridade viaria.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%