Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Este xoves 22 de febreiro tivo lugar na Casa de Correos de Arzúa, na Rúa das Dores, a presentación oficial do programa completo da 49ª Festa do Queixo.
Interviron:
Xoán Xesús Carril, alcalde do Concello de Arzúa
Deu a benvida e presentou aos voceiros, non sen antes facer unha lembranza a historia desta festa de vital importancia tanto para a vila como para Galicia. Da primeira como motor fundamental da economía da zona e patrimonio cultural do Concello como a nivel galego ao ser declarada festa de interese turístico de Galicia desde 1999.
Destacou que o evento non e só unha exposición de produtos lácteos, senón unha experiencia para compartir coñecementos e unha ocasión para degustar e desfrutar de produtos gastronómicos propios e alleos.
Nese fío destacou tamén a importancia da música con concertos para todas as idades tanto no escenario como nas rúas da vila e de obradoiros e xogos de mesa. Tamén salientou a figura da pregoeira María Vázquez nominada por segunda vez aos premios Goya.
En definitiva salientou a diversidade e inclusión nunha festa aberta cunha determinada aposta polo propio non sen antes agradecer ao concelleiro de Cultura e ao resto de traballadores do Concello o seu esforzo na organización do evento.
Rematou animando a todos a vir a unha terra onde “Somos xente hospitalaria e afable que sempre vos recibirá cos brazos abertos”.
José Luís Lamas, presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa
Agradeceu á organización o convite á rolda de prensa, na que debuta como presidente. destacou algúns datos da D.O. como a aportación de 200 kg de queixo para obradoiros e agasallos, así como a colaboración no concurso de pinchos no que participarán 16 establecementos EFA colaborará na preselección
O ano pasado récord en pezas e en vendas, vendéndose más de 4.400.000€ queixos.
Desde que comezou a certificación aló polo ano 1.997 a DOP Arzúa-Ulloa puxo no mercado máis de 75M de quilos de queixo. Contan con 1500 explotacións gandeiras das cales máis de 860 en activo no 2023.
A DOP é, novamente a primeira DOP en produción e venda de queixo en Galicia e tamén a primeira nos queixos elaborados con leite de vaca en España. Sendo a primeira a nivel global o aueixo manchego, sendo este de ovella.
para finalizar destacou o traballo de control continuo para manter a calidade do queixo Arzúa Ulloa asi como o esforzo promocional e de divulgación a través de catas comentadas nos colexios e escolas de hostelería, asistencia a feiras gastronómicas, patrocinios e campañas publicitarias a nivel nacional.
Alberto Alfonso, director do Festival do queixo
Desgranou máis polo miúdo a programación artística do festival, que contará con 7 actuacións entre sábado e domingo, 5 galegos e dous estatais (ver horarios). O sábado Tu Futura Exmujer, gañadores do ‘Queixo Maquetón’ (21:30 h), La Plazuela (22:25 h), Arde Bogotá (00:20 h) e Grande Amore (02:05 h); O domingo De Vacas (12:30 h) Guadi Galego (18 h) y Fillas de Cassandra (19:50 h).
Si quixo facer fincapé no sistema de acceso, que como o ano pasado será gratuito ate completar aforo 3.300 persoas, e rematou agradecendo ao Concello contar novamente co seu traballo e animou a todos a asistir e desfrutar.
Foi a quenda para a artista Guadi Galego
quen sen querer destripar moito os aspectos do seu espectáculo do domingo 3 de marzo no escenario de Arzúa, declarouse moi contenta por estar por segunda vez nun día onde as mulleres galegas van poñer o broche á festa. “Será un concerto dunha autora galega de 50 anos con 25 de carreira”. Será una consagración de que estamos vivas como o queixo de Arzúa, e un espectáculo dirixido “a todo aquel que se queira achegar a música galega sen filtro”.
José Luís García, concelleiro de Cultura Concello de Arzúa
Tras agradecer á prensa que se achegara nun día tan intempestivo, aproveitou, como nos últimos actos públicos para agradecer o apoio dos traballadores que supliron as súas ausencias, xa que por motivos de saúde non estivo ao 100% na preparación desta edición.
En canto ao deseño do cartel, explicou que este ano foi unha encarga debido fundamentalmente ás queixas dos profesionais, así como á vontade de dar oportunidades a deseñadores e ilustradores locais.
No deseño deste ano preséntase unha muller moderna e apoderada pero sempre cunha referencia a tradición.
O Concelleiro agradeceu a axuda de EFA Piñeiral e a das empresas privadas involucradas nos cursos e promocións do queixo. “Na maioría das casas de Arzúa hai algún avó ou avoa que traballou no queixo” e destacou a importancia dar a coñecer esta tradición histórica e cultural aos cativos. Nese senso agradeceu tamén a EFA Piñeiral polas actividades que fai, a través das seccións de repostería ou marketing.
E destacou o torneo Chess&Cheese así como a figura da pregoeira María Vázquez e doutro artista, Xan Veiga, quen celebra o 30 aniversario da súa primeira actuación profesional e será nomeado Arzuán do ano xunto ca xornalista e cooperante pola igualdade de xénero Paula Fernández.
Destacou outras actividades como o 7º Festival Pequequeixo, e as actividades nos pasacalles e no recinto feira multiusos “terra do queixo”. Nese senso, en canto a o recinto feiral, deuse un cheo absoluto de postos (quedando fora algúns expositores interesados, facendo un total de 68 expositores dos que 53 son queixerías (9 DOP Arzúa Ulloa e 6 co certificado de produto lácteo tradicional) os horarios serán 11 a 20:30 e o domingo de 10 a 18:30 h.
O domingo de 12:00 a 13:30 h haberá un punto de atención a infancia para que os pais poidan deixar aos nenos atendidos e eles dar un paseo e mercar tranquilos.
Finalmente quixo reivindicar dous aspectos. En primeiro lugar a presenza da muller na festa, cun 50% de actuacións femininas no escenario, e a prioridade á musica feita en Galicia fronte á feita fora. Das 6 actuacións principais 4 están protagonizadas por grupos galegos o que diferencia o cartel da Festa do queixo de Arzúa doutros carteis de festivais de Galicia durante o verán que estando subvencionados pola Xunta non inclúen grupos galegos. A organización entende que música galega ten que estar presente e ser protagonista.
“Sempre son un pouco reivindicativo. Temos unha programación completa. Arzúa vai estar chea, teremos queixas veña moita ou pouca. É imposible calcular o aforo. Isto faise case con financiamento propio a Xunta non axuda e contamos coa subvención da Deputación da Coruña 30.000 € o demais é case todo aportación propia.”
Rematou agradecendo a todos a asistencia e logo deu por concluída a rolda de prensa.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)