AD

Comarca

Un tapeo de salmón abrirá o apetito na Estrada antes da gran festa do 17 de maio

today3 mayo, 2026

Fondo
share close
AD
  • As Tapas do Salmón serviranse os días 8, 9 e 10 de maio, a un prezo de 3 euros.
  • Os 15 locais estarán identificados cun vinilo no que figurará a súa tapa.
  • Poranse á venda anticipada 3.000 tíckets para a degustación do 17 de maio.

Co arranque de maio, chega o mes do Salmón á Estrada. Avanzando cara a 52ª edición da festa gastronómica por excelencia do municipio estradense, veciños e visitantes terán o vindeiro fin de semana a oportunidade de catar unha quincena de propostas culinarias dos restauradores locais, suxestións que permitirán abrir boca de cara á degustación popular do día grande da festa, o domingo 17 de maio.

As xornadas de “tapeo” do Salmón serán os días 8, 9 e 10 de maio. A diferenza das Santas Tapas, non seguirán un formato concurso. Os locais participantes (15 en total) estarán identificados cun vinilo nos seus establecementos, no que figurará a súa tapa e a correspondente información en materia de alérxenos.

Os participantes serán: Samaná, Cepa e Viño, As 3 Portiñas, Argentinos Burguer, Velis Nolis, Malo Será, Enredo, A Lacena de Chucha, O Candil de Silvia, Andalucía, Eureka, Oasis, O’Lar, Os Peares e Inferno. Todos eles ofrecerán nos días indicados as tapas de salmón a un prezo de 3 euros.

A organización fixou un horario mínimo de degustación, que poderá ser ampliado a criterio e elección de cada local. O venres 8 serviranse estas tapas de 20.00 a 22.00 horas; o sábado 9 de maio haberá tapas de 13.00 a 15.00 e de 20.00 a 22.00. O domingo 10 o horario mínimo será de 13.00 a 15.00.

Sorteo

Ademais, secundar estas xornadas pode traer premio. Por cada unha que se probe entregarase un boleto para participar nun sorteo de dous vales, un de 300 euros e outro de 150. As papeletas deberán depositarse nos lugares indicados e o sorteo realizarase o 14 de maio.

As tapas que presentará cada un dos participantes son as seguintes:

• ANDALUCÍA: Tosta de dous salmóns.
• EUREKA: Mel de dragón.
• ENREDO: Arroz fusión de salmón.
• INFERNO: Inferno no mar.
• MALO SERÁ: Salpicón de salmón e gambas.
• OS PEARES: Salmón con arroz negro e cogomelos.
• O LAR: Futo frito con maionesa de kimchi.
• ARGENTINOS BURGUER: Salmón Deep Fried Sandwich.
• OASIS: Timbal de salmón.
• O CANDIL DE SILVIA: Fajita de salmón.
• CEPA E VIÑO GASTROBAR: O xardín escandinavo.
• SAMANÁ: Nigiri de salmón mariñado con kimchi, salsa inglesa e mel.
• A LACENA DE CHUCHA: Doce engano.
• AS 3 PORTIÑAS: Petisco de salmón e requeixo.
• VELIS NOLIS: Gilda de salmón.

Co arranque destas xornadas comezará tamén a venda anticipada dos tíckets para a degustación popular do 17 de abril, o propio día da LII Festa do Salmón. Neste caso o prezo da ración será de 4 euros.

A organización recomenda facerse antes con estes tíckets para evitar colas o día da celebración e tamén para permitir valorar se fose preciso ampliar o número de pinchos reservados para o evento gastronómico por excelencia do calendario estradense.

Poranse á venda anticipada 3.000 tíckets, coa previsión de servir unhas 5.500 racións nunha degustación que contará con 18 establecementos participantes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *