AD

Comarca

Arzúa abre o prazo para solicitar as axudas de apoio ao estudo

today18 septiembre, 2024

Background
share close
AD

Arzúa 18 de setembro de 2024.- O Concello de Arzúa, a través dos seus Servizos Sociais Comunitarios, anuncia que o prazo para solicitar as Axudas de Apoio ao Estudo para o curso 2024/2025 estará aberto desde o xoves 19 de setembro ata o mércores 2 de outubro, ambos incluídos.

Estas axudas teñen como obxectivo principal facilitar o acceso á educación en igualdade de condicións, apoiando ás familias que, debido á súa situación económica, teñen maiores dificultades para afrontar os gastos escolares dos seus fillos e fillas. A través deste programa, o Concello de Arzúa busca compensar os custos derivados da escolarización e asegurar que todas as crianzas poidan comezar o curso con todo o material necesario.

Contía das axudas e gastos subvencionables

Cada familia poderá recibir 120 euros por cada alumno/a matriculado en educación infantil, primaria ou secundaria obrigatoria nalgún dos centros educativos do municipio. Estes fondos están destinados a cubrir diversos gastos escolares, entre os que se inclúen:

  • Material escolar funxible: libretas, folios, cores, bolígrafos, carpetas, tinta de impresora, etc.
  • Material complementario: mochilas, estoxos, compases, libros de lectura.
  • Material deportivo: chandals, zapatillas, camisetas.
  • Roupa de abrigo e calzado.

Como presentar a solicitude

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Arzúa ou de maneira presencial no Rexistro Xeral da Casa do Concello.

Para formalizar a solicitude, é preciso aportar a documentación requerida, que inclúe, entre outros, o DNI de todos os membros da unidade familiar, o libro de familia e a matrícula escolar do curso 2024/2025.

Máis información

Para consultar todos os requisitos completos, a documentación necesaria e outros detalles, as persoas interesadas poden acceder á información dispoñible no blog corporativo do Concello de Arzúa, arzua.gal.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%