AD

alvaro

7250 Resultados / Página 12 de 806

Fondo
AD

Comarca

Óscar Rial non repetirá como candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Rianxo

Segundo fontes próximas ao Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Rianxo, Óscar Rial non repetirá como candidato nas eleccións municipais do ano próximo. A noticia chega despois de semanas de rumores durante as que o propio Rial emitiu varios comunicados reivindicando a súa continuidade. Neses comunicados, o ata o momento voceiro municipal do PSdeG-PSOE, deixaba entrever xa importantes tensións internas ao afirmar que tiña intención de seguir «por riba de quen me intente apartar». Rial chegou á política municipal […]

today6 septiembre, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia a falta de transparencia de Sanmartín sobre o mantemento dos viais do rural

Marta Abal advirte de que desde distintos puntos do rural están trasladando problemas graves de mantemento que non están sendo atendidos e reclama ao goberno local que aclare as actuacións previstas. As e os socialistas esixen coñecer as pavimentacións que se están executando, as previstas para os próximos meses e os criterios técnicos para priorizalas, unha información imprescindible para facer un seguimento rigoroso do Pacto polo Rural. Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2026. A concelleira do Grupo Municipal […]

today6 septiembre, 2026

Actualidad

O PP alerta de fins de semana con só seis policías locais para todo Santiago

O Goberno local incumpre os seus propios mínimos e deixa unha cidade de máis de 100.000 habitantes con só seis policías locais, a metade dos doce efectivos establecidos para as fins de semana. O PP denuncia que incluso houbo días nos que o servizo se prestou sen a presenza preceptiva de oficiais, deixando quendas sen o mando policial correspondente. De la Fuente denuncia que o executivo coñece perfectamente as necesidades do servizo, incumpre os seus propios criterios e pretende negar […]

today6 septiembre, 2026

Actualidad

Denuncian un novo episodio de colapso nas Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios asegura que un doente con fortes cólicos permaneceu preto de catro horas nun corredor xunto a outros pacientes e reclama medidas para garantir a dignidade e a intimidade Santiago de Compostela. A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde, segundo o relato trasladado pola entidade, un paciente con fortes cólicos tivo que agardar preto de catro […]

today6 septiembre, 2026

Comarca

O PP de Dodro denuncia o estado «intransitable» das beirarrúas de Imo

Os populares alertan da falta de limpeza e mantemento das zonas peonís e reclaman ao Concello unha actuación urxente para garantir a seguridade dos veciños O Partido Popular de Dodro denuncia o deficiente estado no que se atopan as beirarrúas de Imo, con maleza e vexetación que dificultan o paso dos peóns e que, nalgúns puntos, obrigan os veciños a circular pola calzada. Os populares consideran que a situación evidencia unha falta de mantemento dos espazos públicos por parte do […]

today6 septiembre, 2026

Comarca

Food trucks de distintos puntos do país daranse cita na Estrada no festival The Burguer Top

O evento celebrarase do 10 ao 13 de setembro na Praza da Constitución. A Praza da Constitución da Estrada acollerá a vindeira semana unha nova edición (a segunda que se celebra no municipio) do festival gastronómico The Burguer Top. Será entre o xoves 10 e o domingo 13, coa participación de food trucks de distintos puntos do país. O concelleiro estradense de Promoción Económica explicou hoxe que o Concello autorizou a celebración deste festival na Praza da Constitución, confiando en […]

today6 septiembre, 2026

Actualidad

A ‘Volta á Escola’ en Arzúa chega cargada de sorteos: portátil, bicicleta, vales de 100 € e festa holi

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Begoña Balado, e a xerente da Asociación de Empresarios do Comercio de Arzúa (AECA), Cristina Carril, presentaron en Radio Líder Santiago os detalles dunha campaña que se prolongará durante setembro e que terá como gran cita unha Festa Holi o día 11 no Campo da Feira. Un ordenador portátil, unha bicicleta valorada en 500 euros, dous vales de 100 euros para material escolar e 400 bolsas de algodón completan unha iniciativa coa que […]

today6 septiembre, 2026

Deportes

El Leyma Coruña conquista la Copa Galicia 30 años después

El conjunto coruñés se impuso al Río Breogán por 102-93 en la final y recuperó el título gallego tres décadas después de su última conquista. El Leyma Coruña se proclamó campeón de la Copa Galicia tras vencer al Río Breogán por 102-93 en una final en la que el conjunto dirigido por Carles Marco mostró su potencial ofensivo y consiguió abrir una importante ventaja antes del último cuarto. El equipo coruñés comenzó el encuentro con intensidad y logró llevar la […]

today6 septiembre, 2026

Actualidad

A Virxe de Guadalupe volve mirar á ría desde Tanxil 21 anos despois

Rianxo celebrou a reposición da histórica escultura de Francisco Asorey cun emotivo acto acompañado de música e embarcacións tradicionais A praia de Tanxil foi escenario este sábado dun momento histórico para Rianxo. Despois de 21 anos, a Virxe de Guadalupe de Francisco Asorey regresou ao seu emprazamento orixinal, onde volve mirar cara á ría de Arousa. Decenas de veciños participaron nun acto no que non faltaron as gaitas, as pandeiretas e A Rianxeira. A celebración tamén chegou desde o mar, […]

today5 septiembre, 2026

AD