Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today6 septiembre, 2026
Segundo fontes próximas ao Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Rianxo, Óscar Rial non repetirá como candidato nas eleccións municipais do ano próximo.
A noticia chega despois de semanas de rumores durante as que o propio Rial emitiu varios comunicados reivindicando a súa continuidade.
Neses comunicados, o ata o momento voceiro municipal do PSdeG-PSOE, deixaba entrever xa importantes tensións internas ao afirmar que tiña intención de seguir «por riba de quen me intente apartar».
Rial chegou á política municipal fai pouco máis de tres anos co obxectivo de volver a darlle a alcaldía de Rianxo ao PSdeG-PSOE, un feudo socialista dende os primeiros compases da democracia. Porén, non foi quen de acadar esa meta e o partido mantívose como segunda forza no municipio.
Para o seu partido o que vai de lexislatura estivo marcada ademáis pola dimisión de tres dos concelleiros que tomaron posesión após as eleccións municipais de 2023.
Dende o PSdeG-PSOE non chegaron a anunciar cal sería o hipotético relevo de Rial na localidade.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)