AD

alvaro

7252 Resultados / Página 57 de 806

Fondo
AD

Comarca

O Goberno e Ribeira reforzan a coordinación para manter a seguridade no municipio

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo este luns unha reunión en Santiago coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para analizar a situación da seguridade no municipio e abordar as principais cuestións relacionadas coa coordinación entre ambas administracións. Durante o encontro, os dous responsables coincidiron en salientar a importancia da colaboración permanente entre o Goberno de España e o Concello de Ribeira para ofrecer unha resposta eficaz ás necesidades da veciñanza e seguir reforzando a protección cidadá. Pedro […]

today29 junio, 2026

Comarca

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

As medidas preventivas buscan manter o subministro para uso domiciliario e das explotacións gandeiras 29 de xuño de 2026.- O Concello de Frades vén de aplicar o Artigo 14J da súa Ordenanza Municipal de Abastecemento de auga para prohibir a utilización da auga municipal para encher piscinas, regar cultivos e xardíns, e outros usos similares. Unha medida tomada polo Concello para previr problemas de subministro de auga con motivo da chegada do verán e da vaga de calor. Dende o […]

today29 junio, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia que Sanmartín mantén paralizado o Foro de Turismo Sustentable

Gumersindo Guinarte insta ao executivo local a reunir durante o mes de xullo o órgano encargado de decidir o destino dos fondos vinculados á recarga turística. Os socialistas alertan da caída dos datos turísticos e advirten de que a recarga turística non pode empregarse para substituír outras fontes de financiamento nin para financiar gastos xa previstos. Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, reclamou hoxe ao Goberno de Goretti Sanmartín que […]

today29 junio, 2026

Actualidad

O PP denuncia unha crise no SAF e esixe responsabilidades ao goberno de Santiago

• Yolanda Otero remarcou que “os nacionalistas deben asumir a súa responsabilidade, exercer as súas facultades de control sobre a execución do contrato e esixirlle á empresa adxudicataria o cumprimento das súas obrigas contractuais”. • “Cabe destacar que, mentres o BNG convoca manifestacións noutros concellos a través do seu sindicato, a CIG, cando falamos de SAF en Santiago os nacionalistas gardan silencio”, insistiu. As concelleiras do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero e Olaya Otero, mantiveron unha reunión co representantes […]

today29 junio, 2026

Actualidad

Pedro Blanco dá a benvida en Ames a 166 novos gardas civís en prácticas destinados a Galicia

Destaca que o papel da Garda Civil en Galicia é “clave para vertebrar o territorio, protexer á poboación e reforzar a confianza da cidadanía nas institucións” Agradece o labor dos máis de 5.000 gardas civís da Comunidade que elevaron o índice de eficacia policial “á mellor cifra da última década” Dos noveis, 69 estarán destinados na Coruña, 37 en Pontevedra, 31 en Ourense e 29 en Lugo Anima aos gardas civís en prácticas a exercer a súa función “con vocación […]

today29 junio, 2026

Comarca

Teo inicia a campaña “Ti tes a chave” para impulsar o uso do colector marrón

A veciñanza dos núcleos urbanos recibirán información sobre os colectores marróns, darse de alta no programa e recoller o seu kit composto por caldeiro, bolsas compostables, chave e folleto informativo A poboación obxecto será a que habita no núcleo urbano onde existen edificios en verticalidade, así como os establecementos susceptibles de xerar materia orgánica Colocaranse 150 contedores marróns de forma progresiva a partir de mediados de xullo en diversos puntos dos núcleos urbanos Teo (A Coruña), 29 de xuño de […]

today29 junio, 2026

Comarca

A Estrada rende homenaxe aos docentes que se xubilan na segunda edición do Día do Mestre

O Concello da Estrada celebrará mañá a segunda edición do Día do Mestre, unha iniciativa creada para render homenaxe aos mestres e profesores que acceden á xubilación nos centros educativos do municipio. O acto terá lugar no MOME ás 13.30 horas. O recoñecemento está dirixido aos profesionais da ensinanza que se xubilan durante o presente curso académico. Para a organización deste evento, o departamento municipal de Educación contactou con todos os centros educativos da Estrada, incluídos colexios, institutos, o Conservatorio […]

today29 junio, 2026

Actualidad

Verea presenta un plan para reducir a 20 días o pago a provedores en Santiago

• O líder popular afirmou que Santiago "necesita abrir unha nova etapa, con máis estabilidade, máis capacidade de xestión e un Concello que volva funcionar con normalidade" O líder do PP de Santiago, Borja Verea, advertiu esta mañá de que o goberno local está a atravesar unha preocupante perda de capacidade de xestión, da que o atraso no pago a provedores é unha das súas consecuencias máis graves. Fíxoo despois de coñecerse que o Goberno municipal terá que recorrer a […]

today29 junio, 2026

Comarca

Boqueixón impulsa os “Tardeos no Pico Sacro” para potenciar o turismo e os produtos locais

O alcalde de Boqueixón e o chef lalinense Álex Iglesias presentarán esta iniciativa nun “Almorzo saudable” coa rapazada do Verán Activo Boqueixón, 29 de xuño de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentarán mañá martes 30 de xuño a iniciativa “Tardeos no Pico Sacro”. Unha presentación que terá lugar no aparcamento do Monte Ilicino ás 11:30 horas e no que tamén estarán presentes uns corenta nenos e nenas do programa de conciliación Verán Activo, […]

today29 junio, 2026

AD