Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 septiembre, 2026
O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira. A actuación conta cun orzamento de licitación de 140.629,04 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 29 de setembro a través da Plataforma de Contratos do Sector Público.
Con esta actuación vaise realizar o asfaltado do vial das fase I do polígono así como o pintado do firme. A vía obxecto deste proxecto constitúe o eixo principal de circulación e acceso ás naves e parcelas do polígono, soportando tráfico frecuente e vehículos pesados que, na actualidade, presenta unha degradación significativa tanto do firme como da sinalización.
Con esta obra preténdese dar continuidade ás actuacións de mellora da infraestrutura viaria que se veñen realizando nos últimos anos en pequenos tramos. O Parque Empresarial de Espiñeira conta cunha superficie de 324.500 metros cadrados e na actualidade conta co 90% das súas parcelas ocupadas por unhas cincuenta industrias.
Para levar a cabo estas actuacións de mellora o Concello de Boiro recibe da Consellería de Economía e Industria unha subvención por importe de 112.503,23 euros.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)