AD

Comarca

2577 Resultados / Página 30 de 287

Fondo
AD

Actualidad

Enterro pola sanidade pública no Hospital da Barbanza

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, xunto a veciños e veciñas da comarca, continúa co encerro no hospital comarcal, que xa suma sete días de mobilización contíua, día e noite, en demanda de melloras urxentes no servizo galego de saúde. Hoxe, a protesta consistiu no “enterro da sanidade pública”, co que se quixo visibilizar a preocupación social polo deterioro da atención sanitaria e as consecuencias que están a ter os recortes e a falta de recursos. Os […]

today28 abril, 2026

Comarca

Chega unha nova edición do ciclo de monólogos de Ames

As xornadas, que durarán catro días, transcorrerán entre o 21 e o 24 de maio entre as Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns, e acollerán un total de oito monologuistas Co gallo de fomentar a inclusión, o espectáculo de Celso Fernández Sanmartín e Fernando Palitos terá unha persoa intérprete de lingua de signos Ames, 28 de abril de 2026 – O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, presentou esta mañá a terceira edición do ciclo […]

today28 abril, 2026

Comarca

Os socialistas de Ordes levan ao pleno unha moción para mellorar os comedores escolares

O Grupo Municipal Socialista de Ordes presentará no pleno ordinario de abril unha moción centrada na mellora dos servizos de comedor escolar nos centros educativos do municipio, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades e facilitar a conciliación das familias. Os socialistas destacan que o comedor escolar é un recurso fundamental, non só pola súa función asistencial, senón tamén polo seu valor educativo e social, ao asegurar unha alimentación equilibrada, promover hábitos saudables e contribuír á conciliación da vida […]

today28 abril, 2026

Comarca

Blas García reivindica en Ames unha política “a pé de rúa” e máis investimento no rural

O rexedor subliña o valor de escoitar á cidadanía, anuncia avances en proxectos como as comunidades enerxéticas e o carril bici do Milladoiro, e reivindica o papel da cultura e do galego na identidade local. O alcalde de Ames, Blas García, debullou nunha entrevista en Radio Líder Santiago as principais liñas da acción municipal, cun discurso centrado na proximidade coa veciñanza, o investimento no rural e a aposta por novos modelos enerxéticos e culturais. García puxo o acento na relación […]

today27 abril, 2026

Comarca

Novo orzamento en Ames: 43 millóns para políticas públicas e infraestruturas

O alcalde de Ames, Blas García, explicou “temos unhas prioridades moi claras, que se ven reflectidas nestes orzamentos. Seguimos apostando polos servizos: mobilidade, mellora das instalacións municipais, eficiencia enerxética... Ames é un concello solvente, e iso vainos permitir seguir investindo en infraestruturas necesarias no noso concello que imos facer a través dos orzamentos municipais, pero tamén a través de augas públicas de Ames” A concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís, destaca que “Ames conta cunhas novas contas para este exercicio […]

today27 abril, 2026

Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Boqueixón, 27 de abril de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; e o presidente da Asociación das Carrozas do San Cidre, Alejandro Pena; presentaron hoxe a programación da 52 edición da Festa das Carrozas do San Cidre, a primeira que se desenvolverá baixo a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia e cuxo día grande terá lugar o domingo 17 de maio. Un acto no que estiveron acompañados por Juan Neira, representante da Comisión de Festas; Mónica López, […]

today27 abril, 2026

Comarca

La suerte del Cuponazo sonríe a O Pino con un premio de 40.000 euros

El municipio de O Pino ha sido uno de los puntos afortunados del último sorteo del Cuponazo de la ONCE, celebrado el viernes, donde se validó un boleto premiado con 40.000 euros. La responsable de repartir esta alegría fue María del Pilar Mosquera, vendedora de la zona, que atiende su punto de venta en la rúa Codesal, en O Pedrouzo - Arca. Desde allí salió uno de los cupones agraciados con una de las cinco cifras premiadas del sorteo semanal. […]

today27 abril, 2026

Comarca

A XXVIII Festa da Troita de Oroso reivindica identidade, participación xuvenil e ambición cultural

 Do 8 ao 10 de maio, Sigüeiro acolle unha programación diversa con máis de 800 quilos de troita, grandes orquestras e o pregón a cargo do alumnado do IES Oroso onde reivindicarán que “o luns despois da Troita sexa festivo local” A Festa da Troita encara a súa 28ª edición consolidada como “a fin de semana máis importante do Concello”, en palabras do alcalde Álex Doval, quen destacou na súa intervención en Radio Líder Santiago o carácter identitario dunha celebración […]

today26 abril, 2026

Comarca

O deportista Fernando Romay será o pregoeiro da 52ª Festa do Salmón da Estrada

Cunha dilatada traxectoria baloncestística, que inclúe unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984, Romay recibirá o Salmón de Ouro o vindeiro 17 de maio. A máxima distinción municipal recaerá tamén este ano na exalcaldesa Elvira Fernández, na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e en Darío Loureiro e Ariadna Silva, galardoados co Mestre Mateo. A Estrada, 25 de abril de 2026.- O que foi medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984 e xogador do Real Madrid de […]

today25 abril, 2026

AD