AD

Política

1964 Resultados / Página 6 de 219

Fondo
AD

Actualidad

Verea propón crear a Casa das Familias onde atender os desafíos da adolescencia compostelá

O líder popular definiuno como o primeiro Centro de Apoio ás Familias de titularidade municipal de Galicia O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, presentou esta mañá unha nova proposta dentro do paquete de medidas que o seu grupo leva semanas formulando para mellorar a vida das familias compostelás: a creación da Casa das Familias, un centro municipal de apoio, orientación e acompañamento pensado para atender as necesidades das familias en distintas etapas da vida. Verea lembrou que […]

today9 junio, 2026

Actualidad

El futuro de los comedores escolares divide a la corporación de Santiago

Los comedores escolares centran el debate político en Santiago: gestión, financiación y modelo de futuro El modelo de gestión de los comedores escolares de Santiago de Compostela se convirtió el pasado lunes en uno de los principales asuntos analizados en el programa "Hai Debate" de Radio Líder Santiago, donde representantes de las cuatro fuerzas con presencia en el Pazo de Raxoi confrontaron sus propuestas sobre un servicio que actualmente atiende a más de 1.300 escolares de la ciudad. El debate […]

today8 junio, 2026

Actualidad

Guinarte reclama a reparación inmediata do ascensor da Trisca tras anos de avarías

  Gumersindo Guinarte reclama a reparación inmediata dun ascensor que continúa avariado malia os anuncios do Goberno local e advirte de que a situación impide o acceso en igualdade de condicións a un equipamento municipal de referencia. O voceiro socialista critica que, cinco meses despois de que o Goberno anunciase unha nova proposta de reparación, o ascensor siga sen funcionar e acusa a Sanmartín de non resolver problemas básicos do día a día da veciñanza. Santiago de Compostela, 8 de […]

today8 junio, 2026

Actualidad

Adrián Villa denuncia a “pasividade” do BNG e CA ante “a grave situación» do Refuxio de Bando

·        Adrián Villa criticou que “a presidenta do Padroado, Goretti Sanmartín, leve anos mirando para outro lado, mentres se acumulan denuncias por saturación, problemas de seguridade, falta de persoal e carencias nas instalacións”. ·        “O benestar animal e a seguridade dos traballadores non poden seguir sendo vítimas da inacción do goberno de BNG e CA. Non imos consentir que Goretti Sanmartín continúe xogando cun asunto tan sensible para a cidade”, indicou. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, […]

today8 junio, 2026

Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O alcalde de Ames repasa a actualidade municipal, destaca os beneficios da municipalización da auga, anuncia novos investimentos para o Milladoiro e admite que o contexto político estatal pode condicionar as eleccións municipais de 2027. Blas García reivindica a xestión de Ames e asegura que o Milladoiro recibirá máis de 70 millóns de euros en investimentos O alcalde de Ames, Blas García, aproveitou a súa visita aos estudos dunha emisora local para facer un amplo repaso da actualidade municipal, nunha […]

today3 junio, 2026

Actualidad

O PP denuncia que o goberno de BNG e CA deixase os colexios “dous días sen limpeza nin solucións”

O edil popular Borja Rubio critica que os centros públicos de infantil e primaria permanecesen dous días sen limpeza, cos pavillóns pechados e actividades suspendidas, e acusa ao goberno de Goretti Sanmartín de repetir “sempre o mesmo patrón: contratos mal pechados e ausencia total cando estala o conflito”. Rubio esixe ao Executivo municipal que “deixe de esconderse” e convoque “de inmediato” unha mesa coas partes para evitar novas mobilizacións. O concelleiro do Partido Popular de Santiago Borja Rubio denunciou hoxe […]

today3 junio, 2026

Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Marta Abal acusa ao Goberno local de incumprir os compromisos adquiridos coa oposición e de seguir sen definir un modelo de xestión para dúas infraestruturas estratéxicas para a mobilidade e o comercio da cidade. A concelleira socialista denuncia que a parálise do Goberno de Sanmartín está a facer que Santiago perda oportunidades para mellorar a mobilidade, apoiar ao comercio local e ofrecer un servizo máis eficiente á veciñanza. Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2026. A concelleira do Grupo […]

today2 junio, 2026

Destacado

Seguridade: BNG e CA «comprenden a preocupación veciñal» ao tempo que acusan ao PP de «alarmismo»

PP e colectivos veciñais alertan dunha crecente sensación de inseguridade, mentres o goberno municipal defende que a cidade segue a ser segura e destaca o traballo policial A pelexa multitudinaria rexistrada o pasado domingo na rúa Fernando III O Santo e a posterior agresión cunha botella, que deixou un mozo ferido e unha persoa detida, reabriron o debate sobre a seguridade cidadá en Santiago de Compostela. Os feitos, ocorridos con poucas horas de diferenza, serviron de pano de fondo para […]

today2 junio, 2026

Actualidad

Santiago culmina a construción da plataforma loxística para o abastecemento do centro histórico

Xunta de Goberno aprobou, na sesión ordinaria deste luns, a aceptación da entrega por parte do Consorcio de Santiago da obra para o centro loxístico de provisión e distribución de mercancías no centro histórico, coñecido como plataforma loxística. A voceira lembrou que este proxecto conta cunha subvención dentro do programa de axudas a concellos para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no […]

today1 junio, 2026

AD