AD

Política

1964 Resultados / Página 9 de 219

Fondo
AD

Actualidad

O PP denuncia que BNG e CA deixen Santiago sen planificación para as rozas

• Nerea Barcia reclamou, ao goberno de Goretti Sanmartín, explicacións inmediatas sobre “cal vai ser a organización destas tarefas e tamén sobre a existencia ou non dun contrato en vigor para executalas”. A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, volveu denunciar a deficiente xestión do Goberno de BNG e CA, “ante a falta de planificación nos traballos de roza do Concello, unha situación, especialmente, grave, xa que estamos nun momento clave para a prevención de incendios”. Como explicou […]

today7 mayo, 2026

Actualidad

Santa Marta e Mallou: os dous puntos quentes que dividen aos políticos de Compostela

  O programa Hai Debate de Radio Líder Santiago puxo enriba da mesa dúas das cuestións que máis preocupación xeran na cidade: o incremento da criminalidade e o impacto social do macroproxecto urbanístico de Mallou. A seguridade cidadá e o futuro urbanístico de Santiago centraron un intenso debate político no programa Hai Debate de Radio Líder Santiago, no que participaron representantes do BNG, PP e PSdeG-PSOE. A tertulia deixou dúas visións claramente enfrontadas sobre a situación actual da cidade: mentres […]

today6 mayo, 2026

Comarca

Padrón medra entre festas multitudinarias, estabilidade económica e novos proxectos urbanísticos

O alcalde, Anxo Arca, fai balance dunha Pascua “histórica” e reivindica a boa saúde das contas municipais mentres avanza actuacións clave para o futuro do municipio O municipio padronés consolida a súa proxección como un dos polos de atracción da comarca tras unha das edicións máis concorridas das Festas da Pascua que se lembran nos últimos anos. Así o asegurou o alcalde, Anxo Arca, quen fixo un balance “claramente positivo” tanto no plano organizativo como económico. “Non se vía unha […]

today5 mayo, 2026

Destacado

Diego Calvo: «En Galicia veremos máis fusións de concellos»

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes defende a estabilidade política galega fronte ao ruído estatal, critica os prazos do AVE a Portugal e aposta por unha estratexia conxunta para impulsar os aeroportos Nun ton reflexivo pero contundente, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo, debullou durante a súa participación nos Almorzos do Gran Hotel Los Abetos unha análise ampla da situación política actual, marcada —ao seu xuízo— por un cambio nas regras do xogo […]

today5 mayo, 2026

Actualidad

O PSdeG acusa á Xunta de Rueda de “castigar a calidade educativa” en Santiago

Aitor Bouza levará ao Parlamento a situación do IES do Sar tras escoitar á comunidade educativa e denuncia a falta de resposta da Xunta ante o aumento do alumnado. Os socialistas reclaman tamén investimentos en infraestruturas para dar resposta ao crecemento da matrícula nun centro de referencia da cidade. Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, anunciou que o Grupo Socialista levará ao Parlamento de Galicia a […]

today4 mayo, 2026

Actualidad

Abal critica que o BNG traslade aos clubs deportivos o custo da súa mala xestión

Marta Abal denuncia que o Club Natación Santiago está a ser directamente prexudicado pola falta de planificación do Goberno de Sanmartín, cun traslado forzoso a instalacións doutros concellos, custos superiores aos 8.000€ e menos horas de adestramento. Os socialistas cargan contra a xestión do Goberno de Sanmartín, que cualifican de improvisada e sen planificación, por non prever alternativas nin garantir condicións dignas antes de iniciar as obras, trasladando ás entidades e ás familias o custo da súa mala xestión. A […]

today30 abril, 2026

Comarca

Blas García reivindica en Ames unha política “a pé de rúa” e máis investimento no rural

O rexedor subliña o valor de escoitar á cidadanía, anuncia avances en proxectos como as comunidades enerxéticas e o carril bici do Milladoiro, e reivindica o papel da cultura e do galego na identidade local. O alcalde de Ames, Blas García, debullou nunha entrevista en Radio Líder Santiago as principais liñas da acción municipal, cun discurso centrado na proximidade coa veciñanza, o investimento no rural e a aposta por novos modelos enerxéticos e culturais. García puxo o acento na relación […]

today27 abril, 2026

Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”

O titular de Cultura, Lingua e Xuventude destaca a eclosión creativa da mocidade, aposta pola descentralización cultural e defende o diálogo institucional en proxectos clave como a Ribeira Sacra ou o patrimonio compostelán O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, asegurou durante a súa primeira visita aos estudos de Radio Líder Santiago que Galicia vive “un momento extraordinario no ámbito cultural”, marcado por unha forte irrupción de novos creadores e pola consolidación dunha […]

today27 abril, 2026

Actualidad

A mobilización da vivenda baleira, clave segundo o PSOE de Santiago para aliviar o mercado

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, alerta de que a declaración chega sen actuacións inmediatas para frear a subida dos alugueiros e acusa ás administracións de falta de planificación e concreción. Os socialistas reclaman mobilizar a vivenda baleira como vía máis rápida para aumentar a oferta e garantir prezos accesibles nun contexto de emerxencia habitacional en Santiago. Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu de que a declaración de Santiago como […]

today27 abril, 2026

AD