AD

Política

1965 Resultados / Página 10 de 219

Fondo
AD

Actualidad

A mobilización da vivenda baleira, clave segundo o PSOE de Santiago para aliviar o mercado

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, alerta de que a declaración chega sen actuacións inmediatas para frear a subida dos alugueiros e acusa ás administracións de falta de planificación e concreción. Os socialistas reclaman mobilizar a vivenda baleira como vía máis rápida para aumentar a oferta e garantir prezos accesibles nun contexto de emerxencia habitacional en Santiago. Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu de que a declaración de Santiago como […]

today27 abril, 2026

Actualidad

Borja Verea comprométese a reducir o pago ás empresas por debaixo dos 20 días

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, advertiu hoxe de que o Concello de Santiago está a “financiarse a costa dos autónomos santiagueses e das pequenas e medianas empresas compostelás” debido ao atraso continuado no pago a provedores, unha situación que asegurou que “non só existe, senón que está a empeorar”. Verea compareceu esta mañá para analizar os últimos datos sobre o período medio de pago do Concello, denunciando que “Santiago neste mandato nunca cumpriu o período medio […]

today27 abril, 2026

Actualidad

O PSdeG alerta dun novo colapso sanitario en Santiago ao centralizar a atención dos sábados no PAC

Aitor Bouza acusa ao Goberno de Rueda de agravar a saturación asistencial coa supresión da atención sanitaria dos sábados nos centros de saúde. Os socialistas levarán ao Parlamento unha batería de iniciativas para reclamar máis persoal, mellor planificación e unha atención digna para a veciñanza de Santiago e a súa comarca. Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou un “novo colapso” na sanidade pública compostelá tras […]

today24 abril, 2026

Actualidad

Verea: “Acabáronse as escusas: o BNG e CA serán responsables das consecuencias da zona tensionada”

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, asegurou hoxe que a declaración de zona tensionada na cidade “é unha decisión do BNG e de CA e, polo tanto, tamén será súa a responsabilidade das consecuencias que se deriven desta medida”. Verea lembrou que “acabáronse as escusas, dicíamolo hai uns días”, e subliñou que “nestes tres anos o único que presentou o Concello foi a chapuza da zona tensionada, que non saíu adiante e que tardou meses en corrixirse”. […]

today24 abril, 2026

Actualidad

O PSdeG esixe transparencia e planificación no destino dos fondos da taxa turística

A concelleira socialista Marta Abal advirte de que xa se recadaron centos de miles de euros sen que exista unha proposta clara nin os órganos necesarios para decidir o seu uso. O Grupo Municipal Socialista levará a cuestión ao pleno de abril para esixir explicacións e reclamar diálogo cos sectores implicados. Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal advertiu da “falta de planificación e transparencia” do Goberno de Goretti Sanmartín na […]

today23 abril, 2026

Destacado

Abal abre a porta a formar parte da candidatura do PSOE en Santiago: “Quero estar”

A concelleira socialista critica a “parálise” do Goberno municipal e defende unha oposición “constructiva e moderada”, mentres abre a porta a formar parte da próxima candidatura A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, realizou unha análise crítica da situación política e da xestión municipal durante unha entrevista en Radio Líder Santiago, na que reclamou maior transparencia, planificación e diálogo por parte do Goberno local. Ao longo da conversa, Abal debullou os principais problemas que, ao seu xuízo, […]

today16 abril, 2026

Comarca

Oroso pídelle a Sanidade que revise o peche do centro de saúde os sábados

O Concello pide revisar a medida, reducir os tempos de espera e ampliar a atención en horario de tarde O Concello de Oroso vén de trasladar á Xunta a súa preocupación pola decisión de suprimir a atención no centro de saúde do municipio os sábados pola mañá. O alcalde, Álex Doval, puxo en coñecemento da situación á Consellería de Sanidade, á Xerencia da Área Sanitaria e á Coordinadora do propio centro co obxectivo de procurar que garantan unha atención sanitaria […]

today13 abril, 2026

Destacado

Laicidade institucional vs. tradición na Semana Santa de Santiago, co foco nos datos do turismo

  Santiago de Compostela viviu un intenso debate político no que goberno e oposición confrontaron as súas visións sobre a situación do turismo, o papel do aeroporto e o modelo de cidade, tomando como punto de partida os datos da Semana Santa. A análise da ocupación hoteleira centrou boa parte das intervencións. Dende o goberno municipal defendeuse unha lectura positiva, destacando que se superaron as previsións iniciais e que os datos deben contextualizarse nun escenario marcado pola saída de rutas […]

today13 abril, 2026

Actualidad

O alcalde de Rianxo destaca o investimento histórico e pide frear o clima de insulto político

O alcalde defende os logros dos primeiros mil días de goberno, destaca o investimento histórico e insiste na necesidade de “reivindicar o diálogo fronte ao insulto” O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, debullou nunha ampla entrevista o balance dos seus primeiros mil días de mandato, nun contexto marcado tanto pola actualidade inmediata —cun final feliz na desaparición dun veciño— como pola reflexión política sobre o presente e o futuro do municipio. Bustelo amosouse satisfeito co traballo realizado, reivindicando unha forma […]

today10 abril, 2026

AD