Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Esta mañá celebrouse o Pleno Ordinario da Mancomunidade Barbanza Arousa, no que Julián Bustelo, alcalde de Rianxo, asumiu a presidencia da entidade en substitución de Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira. O acto foi marcado polo recoñecemento á labor realizada polo presidente saínte e aos rexedores de Boiro e A Pobra do Caramiñal.
Bustelo aproveitou a ocasión para agradecer a dedicación e esforzo dos seus compañeiros na Mancomunidade, destacando o compromiso dos catro municipios que conforman esta entidade: Rianxo, Ribeira, Boiro e A Pobra do Caramiñal. “A Mancomunidade Barbanza Arousa é hoxe un exemplo de cooperación supramunicipal, con catro municipios unidos e remando xuntos na mesma dirección”, subliñou.
O novo presidente fixo fincapé nos logros acadados pola Mancomunidade no posicionamento da comarca como un destino turístico sustentable. Ademais, avanzou que os próximos meses serán claves para a execución de proxectos financiados con fondos Next Generation da Unión Europea, que suman un total de 2,5 millóns de euros. “A innovación e a modernización serán as principais referencias do noso traballo durante este tempo”, apuntou Bustelo.
Entre os proxectos previstos, destacan iniciativas enfocadas no desenvolvemento turístico sustentable, a mellora das infraestruturas e a potenciación da economía local a través da colaboración intermunicipal.
A Mancomunidade Barbanza Arousa segue a consolidarse como un modelo de cooperación e xestión compartida entre os municipios que a integran, reafirmando o seu compromiso co progreso sostible da rexén. Con este novo liderado, espéranse avances significativos que redundarán no benestar da cidadanía e no fortalecemento da comarca como un referente turístico e económico en Galicia.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)