Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
MELIDE, 07 de setembro de 2026.- O IX Mercado de Época de Furelos permitirá á veciñanza e visitantes dar un salto atrás na historia, concretamente ao ano 1900, durante a fin de semana do venres 18 ao domingo 20 de setembro. Para isto, a cita contará con música polas rúas da parroquia, obradoiros de oficios, exposicións de época, postos de artesanía e alimentación, teatro na rúa, figurantes, xogos tradicionais, espectáculos aéreos e de lume e diferentes propostas de animación para toda a familia.
O mercado abrirá de 18:00 a 22:30 horas o venres e de 11:30 a 22:30 horas o sábado e o domingo.
Programa
De xeito máis concreto, o sábado, o grupo de pandeireteiras de Monte Furado realizará pasarrúas de 13:00 a 14:00 e de 18:00 a 19:00 horas. O domingo, de 17:00 a 19:00 horas, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional ofrecerá xogos tradicionais.
Durante ambas as xornadas haberá tamén animación musical, pasarrúas e teatro na rúa, coa presenza de personaxes como a Muller Barbuda, un pitonisa, unha criada de época e unha carteira de época, ademais dun espectáculo de circo e un baile de Charlestón. A ambientación completarase cos obradoiros de oficios, as exposicións e os postos de artesanía e alimentación presentes no mercado.
Ao peche do mercado, tanto o sábado como o domingo, haberá ademais un espectáculo aéreo e outro de lume.
Un ano máis, volverá tamén o xa habitual tren turístico, que unirá a vila de Melide con Furelos durante o sábado e o domingo. Contará con paradas diante da Capela de San Roque e en Furelos e funcionará de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Dende o Concello de Melide convídase á veciñanza e visitantes a achegarse a Furelos e desfrutar dunha nova edición do Mercado de Época, que permitirá percorrer as súas rúas e trasladarse por uns días ao ano 1900.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)