AD

Actualidad

«Os concellos de menos de 1500 habitantes deberían considerar a fusión»

today10 julio, 2024

Background
share close
AD

Nunha recente entrevista con Radio Líder Santiago, Roberto Rey, alcalde do Concello de Frades, destacou a riqueza natural do municipio e a súa excelente ubicación entre Santiago e A Coruña, con boas conexións a autoestrada. A pesar de non estar no Camiño de Santiago, Frades ofrece unha gran oferta natural con catro ríos e cinco áreas recreativas acondicionadas como merendeiros.

Rey, alcalde dende 2012 e reelecto en 2015, 2019 e 2023 por maioría absoluta, subliñou a importancia da colaboración con outras administracións, como a Deputación e a Xunta, para financiar proxectos clave. Un dos máis destacados é a nova potabilizadora, cunha inversión de 500.000 euros, que garantirá auga potable durante todo o ano, especialmente no verán. «Temos máis de 2000 vacas, e cada vaca ten un consumo de 80/100 litros ao día, o que hai que sumarlle o consumo dos veciños», explica Rey.

Con unha poboación duns 2400 habitantes, onde máis do 10 % son maiores de 90 anos e a maioría supera os 50, Frades afronta desafíos demográficos. Moitos mozos prefiren vivir en Ordes ou Sigüeiro, aínda que algúns manteñen actividades agrícolas locais. Entre as súas prioridades tamén destaca encher o municipio de actividades culturais e de lecer para todos os públicos «cunha axenda como un concello grande». Ademais, estanse implementando proxectos como a creación dunha senda entre a parroquia de Aiazo e o núcleo urbano de Ponte Carreira.

O alcalde tamén resaltou a importancia do Museo Etnográfico de Frades, o único na comarca e un dos poucos na provincia, como un atractivo cultural complementario ás áreas naturais do municipio. Ademais, mencionou a posibilidade de fusións municipais para pequenos concellos, aínda que insistiu en que estas fusións deberían contemplarse coidadosamente para non prexudicar aos municipios máis pequenos. Nas reunións dos sete concellos da comarca de Ordes, contemplase a fusión entre concellos, como co Concello de Mesía, aínda que non se chegaría aos 5000 habitantes, polo que faría falta implicar outro concello. Rey ten claro que «os concellos de Galicia de menos de 1500 habitantes deberían mirar esa opción».

Frades, un concello rural con base agrícola, está vendo o xurdimento de casas turísticas e destácase pola súa aposta nos servizos sociais, proporcionando múltiples servizos a familias necesitadas e maiores sen listas de espera.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%