AD

Actualidad

Padrón aproba un orzamentos para 2024 que superan os 10 millóns de euros

today29 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • O Goberno Municipal saca adiante os primeiros orzamentos aprobados en tempo e forma
  • Increméntanse as subvencións ás asociacións de carácter social, deportivas e culturais

Padrón. 29-12-2023. O Pleno de Padrón aproba por primeira vez en tempo e forma os orzamentos. O alcalde explicou que “a diferenza do anterior goberno municipal, priorizamos a aprobación para non perder ningunha liña de financiamento externa de cara a 2024”. O orzamento ascende nesta ocasión a 10.076.000€, superando sensiblemente o orzamento anterior.

En relación ás subvencións nominativas, inclúense novas entidades sociais e culturais que ata agora non o estaban, como a Asociación Feminista Mulleres en Padrón, Andaina Pro Saúde Mental, IAE (Intervención, Axuda e Emerxencias) ou Asnot, que terá unha achega de 10.000 €. Ademais, o Goberno Municipal cumpre outro dos seus compromisos ao equiparar a subvención da Fundación Rosalía de Castro ca da Fundación Camilo José Cela, cun incremento de fondos para ámbalas dúas, acadando unha achega municipal de 20.000 euros para cada unha. Ponse fin así á desigualdade existente ata este momento. Elevase tamén a partida dedicada a subvencións por concorrencia competitiva para outras entidades culturais e deportivas.

Na mesma liña, o alcalde Anxo Arca subliña que “o capitulo de persoal tamén se incrementa para o ano 2024 debido a que recolle as subas salariais que non estaban contempladas no anterior orzamento de 2022. Os novos orzamentos responden á realidade do municipio e son previsores, por exemplo, coa suba establecida polo Goberno central no tocante as cotizacións do persoal e a suba do 2% salarial de todos os empregados públicos coa posibilidade doutro incremento do 0,5% no 2024, entre outras”.

O alcalde, Anxo Arca, definiu os orzamentos como “transitorios e axeitados para que Padrón continúe na senda de progreso que se iniciou o pasado mes de maio. Cobren as necesidade do municipio, dan flexibilidade para actuar con dilixencia e rapidez nas actuacións previstas e abren a porta a obter todo o financiamento externo posible”. Porén, o alcalde tamén fixo alusión á necesidade de aprobar estes orzamentos en tan só 5 meses e comprometeuse a mellorar as vías de negociación cos demais grupos políticos de cara aos orzamentos de 2025.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%