AD

Política

Pontón, Sanmartín e Rego presentan este mércores os acordos do pacto de investidura

today28 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023.- O BNG conseguiu introducir no acordo de investidura do Goberno do Estado unha batería de medidas e de achegas económicas que beneficiarán a veciñanza compostelá e galega. Este mércores 29 de novembro ás 19.00 horas, Ana Pontón, Goretti Sanmartín e Néstor Rego presentarán nun acto aberto ao público o resultado deste acordo entre BNG e PSOE, que xa se materializará nos vindeiros Orzamentos do Estado de 2024.

En concreto, froito das negociacións para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno español inclúense medidas concretas para Santiago de Compostela, xunto coas da axenda galega, co incremento da dotación para a rehabilitación da cidade histórica, a través dunha suba do 30% para o Consorcio; un 15% máis para a obra da estación depuradora da Silvouta e o mantemento da bonificación do transporte público en 2024, xunto con novas rebaixas na AP-9 que benefician a milleiros de persoas que viven, traballan e estudan na capital de Galiza. A dotación dun Xulgado de Violencia de Xénero para Santiago de Compostela tamén figura neste acordo.

No tema de infraestruturas, ademais de actuacións en todos os tramos de concentración de accidentes na Rede de Estradas do Estado en Galicia, entre os que se inclúe a N-550, comprométense a concluír os tramos pendentes de execución da Autovía Santiago-Lugo antes do peche do exercicio 2024.

A axilización da aprobación da Orde Ministerial de denominación da Estación Intermodal de Santiago «Daniel Castelao» é outro dos puntos vinculados a Santiago de Compostela, que permitirá programar o uso dos seus espazos comúns para a difusión do legado artístico, cultural e político de Castelao en coordinación co Concello.

Estes serán algúns dos temas que explicarán Ana Pontón, Goretti Sanmartín e Néstor Rego, ademais de abrir unha quenda de preguntas do público asistente, co fin de que o acto teña un carácter participativo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%