AD

bng

88 Resultados / Página 1 de 10

Fondo
AD

Actualidad

Manuel César (BNG) renuncia á súa acta de concelleiro en Santiago por motivos persoais

Manuel César Vila, concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización do Concello de Santiago, anunciou este martes a súa renuncia á acta por circunstancias persoais e familiares. O edil comunicou a decisión en Raxoi xunto á alcaldesa, Goretti Sanmartín. Vila formaba parte da corporación desde 2023, cando concorreu como número cinco da candidatura do BNG, e durante este mandato asumiu áreas clave da xestión municipal. Tras coñecerse a súa marcha, o BNG de Compostela trasladoulle o seu apoio […]

today13 octubre, 2026

Actualidad

A alcaldesa de Santiago reclama que todas as administracións actúen ante a crise da vivenda

Goretti Sanmartín volve reclamarlle á Xunta que exerza as súas competencias de inspección para que a declaración de zona de mercado tensionado en Santiago sexa efectiva. Lembra que o prezo do alugueiro é o que máis tensiona o mercado da vivenda no concello de Santiago de Compostela. A rexedora compostelá comezou a súa comparecencia semanal amosando o apoio ás mobilizacións e á acampada reivindicativa no Obradoiro en defensa dos dereitos das persoas a ter unha vivenda digna. Neste sentido, sinalou […]

today2 octubre, 2026

Actualidad

O BNG quere estender o «modelo urbano de éxito» de Santiago e Pontevedra «a todas as cidades do noso País»

“Somos a esperanza de milleiros de galegxs fronte ao PP máis ultra e traballaremos desde os concellos para mellorar as súas vidas”, garante Santiago de Compostela, 30 setembro 2026-. A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou en Santiago ás candidatas e candidatos do BNG ás alcaldías das cidades galegas nas eleccións municipais do próximo 23M, cita coas urnas á que a formación nacionalista concorre co reto de lograr máis alcaldías nas sete cidades de Galiza. Pontón reivindicou a Avia Veira na […]

today30 septiembre, 2026

Comarca

BNG esixe á Xunta a reforma integral urxente do CEIP O Coto de Negreira tras sufrir un incendio

  A deputada Saleta Chao presenta unha batería de propostas no Parlamento galego logo de que o verán de 2026 pasase "sen ningunha actuación" por parte da Consellería de Educación. O BNG insta ao Goberno galego a renovar de inmediato a instalación eléctrica, que xa fora obxecto de advertencias previas, tras o incendio e desaloxo do centro o pasado 29 de setembro. O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de rexistrar unha batería de propostas no Parlamento galego […]

today30 septiembre, 2026

Actualidad

Goretti Sanmartín: “A nosa obriga e o noso empeño é que en todo momento saia auga limpa pola billa”

A alcaldesa de Santiago explicou que, dez días despois de producirse o vertido de xurro en Tordoia e tras as medidas postas en marcha para a súa contención e eliminación, existe unha “esperanza bastante fundada” de que non sexa necesario cortar a subministración de auga aos depósitos, mais as previsións meteorolóxicas dos vindeiros días poderían cambiar as previsións”. O Concello, a través da empresa concesionaria do servizo da auga, realiza un seguimento constante dos niveis de contaminación no curso do […]

today26 septiembre, 2026

Actualidad

O BNG denuncia reclama máis orzamento para Santiago polo seu status de capitalidade

Saleta Chao acusa a Rueda de discriminar a capital galega e esíxelle rematar coa utilización partidista dos orzamentos na súa batalla contra Compostela A deputada sinala que outras capitais como Vitoria-Gasteiz, Iruña ou Palma de Mallorca reciben entre 6 e 60 M€ mentres Santiago segue estancada en 3M€ Santiago de Compostela, 24 setembro 2026. A deputada do BNG por Santiago, Saleta Chao, esixiulle ao PP na Xunta que remate co seu maltrato á cidade compostelá e que deixe de discriminala. Esixiulle a […]

today24 septiembre, 2026

Comarca

O nome do novo colexio do Milladoiro e a transferencia da AP9 van a pleno da man do BNG

A formación nacionalista pide actuar con responsabilidade e mudar o nome proposto para o novo colexio do Milladoiro tendo en conta criterios de arraigo territorial, identidade e valores democráticos compartidos. Tamén instan ao goberno galego a que apoie e non boicotee a transferencia da AP9 a Galiza, de maneira que se poida facer efectiva no prazo máis breve posible garantindo, tal como recolle o texto aprobado, que sexa o goberno central quen asuma todas as consecuencias derivadas das decisións que […]

today23 septiembre, 2026

Comarca

Mari Cao será nova edil do BNG en Vedra tras a renuncia do voceiro municipal

O BNG repite a fórmula que xa aplicou hai catro anos para formar persoas, compartir responsabilidades e preparar o primeiro goberno nacionalista en Vedra Vedra, 21 de setembro de 2026. O voceiro municipal do BNG de Vedra, Fou, renunciará á súa acta de concelleiro no pleno de setembro. Ocupará o seu lugar Yoli Vieiro como nova voceira municipal, entrando  Mari Cao, que quedou a un puñado de votos de ser a cuarta concelleira da formación nas últimas eleccións municipais. A […]

today21 septiembre, 2026

Comarca

O BNG de Brión organiza unha palestra sobre Palestina coa participación de Ánxela Gippini

O acto, que estará presentado pola concelleira nacionalista Marta Romero, terá lugar o mércores 23 de setembro ás 20:30 horas no Antigo Local Sindical Agrario de San Salvador de Bastavales Brión, 21 de setembro do 2026.- O BNG de Brión organiza o próximo mércores, 23 de setembro, unha palestra sobre a situación de Palestina, coa participación de Ánxela Gippini Pose. O acto estará presentado pola concelleira do BNG Marta Romero e terá lugar ás 20:30 horas no Antigo Local Sindical […]

today21 septiembre, 2026

AD