AD

Actualidad

Verea solicita a documentación dos orzamentos para poder defender os dereitos dos composteláns

today29 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O líder popular remarcou que “hai 7 días que se pediu por rexistro o borrador á alcaldesa e nada soubemos”
  • Verea pediu ademais aos nacionalistas e aos seus socios do PSOE e CA educación democrática nun asunto tan importante como os orzamentos da cidade de Santiago.

Cando teñen pasado xa máis dunha semana, desde que o Goberno nacionalista presentara o borrador de Orzamentos municipais para o ano 2024 ante os medios de comunicación e, case un mes, desde que comezara as negociacións co partido socialista, o Partido Popular de Santiago nada puido saber desas contas.

O líder popular, Borja Verea, insistiu en que a súa intención, ao solicitar os orzamentos, é poder defender os dereitos de todos os composteláns con seriedade e con solvencia. O goberno nacionalista non debería esquecer que somos o partido máis votado na cidade e que a transparencia nun goberno con 6 concelleiros de 25 é clave para velar polos intereses dos nosos veciños.

Verea remarcou que, hai unha semana, “xa lle remitimos por Rexistro unha carta á alcaldesa co fin de obter dita documentación, tendo en conta, ademais, que o Goberno do BNG leva case un mes negociando co partido socialista”.

Con isto, o Goberno nacionalista amosa, constantemente, as súas maneiras pouco democráticas, como cando, no pasado Pleno ordinario, impediu que se debatesen distintos puntos da orde do día, tal e como contempla o regulamento.

Finalmente, o líder popular insistiu en que este comportamento, por parte do Goberno do BNG, amosa “unha falta de respecto” non só cara a forza política máis votada da cidade, senón tamén cara aos os veciños e veciñas que, maioritariamente, decidiron que a súa representación no Concello estivese liderada polo Partido Popular; e pediu ademais aos nacionalistas e aos seus socios do PSOE e CA educación democrática nun asunto tan importante como os orzamentos da cidade de Santiago.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%