Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Boiro, 30 de xuño de 2026.- O Concello de Boiro vai levar a cabo unha aula gastronómica no Mercado Municipal de Boiro mediante unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración par ao impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo; presentaron o proxecto xunto do Director Xeral de Comercio, Gabriel Alén.
As actuacións que se pretenden levar a cabo buscan equipar o espazo multiusos anexo ao Mercado Municipal cunha cociña híbrida que permita realizar funcións de obrador de transformación, cociña formativa e eventos gastronómicos abertos á cidadanía. Ademais, vaise habilitar unha sala para xuntanzas e actividades.
Nunha primeira fase vaise dotar o espazo do equipamento principal, adaptando o espazo para realizar unha diversidade de actividades como cursos formativos, transformación e conserva de alimentos, actividades divulgativas e promocionais, mercadillos de produtos distinguidos ou eventos de showcooking de exaltación da gastronomía local.
O total do proxecto que se pretende executar ascende aos 493.811,06 euros para o que o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 251.052,23 euros.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)