Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 septiembre, 2026
“As nosas previsións foron certeiras e o traballo realizado foi tan sólido como diciamos” afirmou Goretti Sanmartín esta mañá, tras recibir onte a comunicación do TACGAL que desestima e inadmite o recurso interposto contra a adxudicación do contrato mixto de servizo e obras do servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros/as do Concello de Santiago.
A rexedora compostelá asegurou que a resolución do TACGAL é “totalmente positiva para o Concello xa que confirma as actuacións realizadas, levanta a suspensión e permite que inmediatamente se peche a sinatura do contrato”.
“Este outono teremos o novo servizo de autobuses funcionando” afirmou Goretti Sanmartín para engadir que “este vai ser un gran salto cualitativo nun servizo fundamental para a veciñanza compostelá, xa que, por fin e despois de moitos anos, Santiago contará co transporte que merece”.
A alcaldesa aproveitou a súa comparecencia para reiterar o agradecemento e os parabéns a todos os departamentos implicados, nomeadamente as áreas de Mobilidade, incluída a empresa municipal TUSSA, e a de Contratación, mais tamén a Asesoría Xurídica e a Intervención, por axudar a orientar moitas das decisións, así como outros servizos que tiveron parte no proceso, como Urbanismo, Contabilidade ou Sustentabilidade.
Cabe lembrar, que o TACGAL rexeitou o que Autos Martin S.A. cuestionaba sobre os custos de persoal na oferta da UTE Stellae, acollendo os argumentos municipais. Consecuentemente, ao se confirmar que a recorrente non podería alcanzar en ningún caso o primeiro posto, o TACGAL xa declarou inadmitidas as demais cuestións recorridas.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)