Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today28 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023.- O mantemento das zonas verdes de Santiago sairán a debate no próximo pleno municipal deste xoves, a instancia do Grupo Socialista. A concelleira Mila Castro instará ao goberno local a adecentar o barrio de San Lázaro na contorna da rotonda e no aparcadoiro próximo ao Palacio de Congresos.
Tamén para o barrio de Conxo reclamará melloras na rúa de Manuel Beiras e na rúa da Ponte Pequena. Explica a edil socialista que ambas atópanse nunha “situación de abandono” con “setos que invaden o carril de circulación” e “maleza que coloniza as beirarrúas”.
“Vemos, durante estes úl0mos meses certa pasividade nas labores diarias de desbroces e mantemento de zonas verdes” denuncia Castro, que insiste en que “estas cues0óns, que son sinxelas, requiren de atención por parte do concelleiro responsable”, algo que “nestes meses, semella faltar”.
Melloras na iluminación do parque de cans de Belvís
Mila Castro preguntará tamén pola actuación de mellora do espazo verde para cans en Belvís que se comprometera por parte do goberno local. Un proxecto “necesario” explica a que fora responsable de Parques e Xardíns, “posto que non se trata só de mellorar a infraestrutura para os animais, tamén de mellorar a iluminación nunha zona moi escura”.
Máis aínda, recorda, “cando agora, durante o inverno, hai menos horas de luz e a xente sae a pasear aos seus animais de compañía xa de noite”.
Ademais das melloras na iluminación, o proxecto contempla o peche do recinto do parque de cans e a instalación dun valado, unha fonte de auga e novos bancos no percorrido do paseo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)