AD

Comarca

O Pino abre a venda de entradas para o xantar popular da XXV Festa do Galo Piñeiro

today7 julio, 2026

Fondo
share close
AD

• A comida celebrarase o domingo 2 de agosto, ás 15.00 horas, baixo a carpa instalada xunto á praza de Forcarei, e as entradas xa poden adquirirse en numerosos establecementos do municipio

O Pino.7-7-2026.- O Concello do Pino acaba de poñer á venda as entradas para participar no tradicional xantar popular da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, celebración que este ano chega á súa XXV edición e que terá lugar a fin de semana do 1 e 2 de agosto.

O xantar, unha das citas máis destacadas do calendario gastronómico do municipio, terá lugar o domingo 2 en Arca. Como sempre, será a partir das 15.00 horas baixo a carpa instalada xunto á praza de Forcarei, e reunirá centos de persoas.

As entradas teñen un prezo de 30 euros e poden adquirirse de forma anticipada en diferentes establecementos de hostalaría repartidos por distintas parroquias do concello.

Os puntos de venda habilitados son Bar Pedrouzo, Bar Muíño e Bar Regueiro, en Arca; Perruquería Sandra, en Castrofeito; Bar Toxo, en Budiño; Bar Suárez, no Pino; Bar Carballeira, en Gonzar; Restaurante Reta de Cobas, Restaurante O Cruceiro e Bar Varela, en Lardeiros; Bar Cabaleiros, en Medín; Bar A Xesta, en Ferreiros; Parrillada A Esquipa, na Salceda; e O Mesón, O Empalme e Andaina, en Cerceda.

Venda anticipada ata o venres 31 de xullo

A venda anticipada permanecerá aberta ata o próximo venres 31 de xullo. Ademais, no caso de quedar localidades dispoñibles, as entradas tamén poderán adquirirse o mesmo domingo 2 de agosto pola mañá, no stand do Concello do Pino situado na praza de Forcarei.

Desde o Concello do Pino anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta cita gastronómica, un dos momentos centrais da XXV Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha celebración que cada ano pon en valor os produtos locais, a tradición gandeira e a riqueza cultural do municipio, consolidándose como un dos grandes referentes festivos do verán na comarca.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *